22 de maio de 2023

TOMIÑO

O PSdeG-PSOE CELEBROU O SEU MITIN EN TOMIÑO CENTRO

Foi onte domingo, ao mediodía, no Hotel Nova Colina

Pilar Cancela Rodríguez - á esq. - con Violeta de Santiago Moure, no acto público do PSdeG-PSOE en Tomiño
Violeta de Santiago dirixíndose á veciñanza de Tomiño


Infogauda / Tomiño

 Abriu o acto Loli Granja, unha das candidatas por Tomiño, que falou das "necesidades que teñen os veciños que viven no centro do munipio".

 Seguidamente Ricardo Candendo, que ocupa o posto sexto na candidatura desgranou "o que para os socialistas é un punto esencial" no seu programa: "O coidado e conservación do medio ambiente e a concienzación ecolóxica". 
 
 Tamén salientou Candendo, "o desfase que hai entre o centro e as parroquias no uso das novas tecnoloxías. Mentres  no centro non hai problemas, nalgunhas parroquias non teñen nin cobertura para chamadas".

 Tamén subiu a palestra, o candidato Alfonso Lorenzo, director do colexio Pedro Caselles, que enumerou "as deficiencias en educación e transporte. Necesidades reais e acuciantes pero das que non se fala".
 
 Seguidamente falou Pilar Cancela Rodríguez, secretaria de Estado de Cooperación Internacional, no Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, de España, que tamén pertence a executiva federal do PSOE, e que, como referíu, sabe "moi ben o que é facer política municipal".

  Reafirmouse "orgullosas de ser socialistas e que aquí estamos dende hai mais de 140 anos e sen disimular ou ocultar as nosas siglas.

 Neste tempo convulso que vivimos non podemos esquecer que o local é global e a importancia das persoas, de todas e cada unha. Facemos política para que ninguén quede atrás".

 Pechou o acto Violeta de Santiago Moure, candidata do PSdeG-PSOE á alcaldía, facendo fincapé en todos e cada un dos puntos incluídos no ambicioso programa para Tomiño.

 Falou de saneamento, "porque no ano 2023 hai parroquias que seguen sin el (prometido cada campaña unha e outra vez)".

 No que respecta ao emprego, afirmou "a necesidade de impulsar políticas de emprego para á mocidade, para as mulleres e os parados de longa duración; de axuda os emprendedores, a creación de obradoiros de emprego, é a necesidade de crear chan industrial". 
 
 "Tomiño necesita un polígono industrial", dixo a candidata, "e temos o compromiso de David Regades (delegado de Zona Franca) con Tomiño para levalo adiante". 

 Tamén falou de vivenda, "porque non se fixo nada en vivenda durante estes 16 anos de goberno nacionalista".

 Reivindicou "á creación dun Centro de Información á Muller (CIM), que seguimos sen ter".

 De cultura, afirmou: "Tomiño é un concello cheo de artistas e de talento, e non conta nin siquera cun museo, nin cunha sala onde expoñer arte. Asemade, incomprensiblemente o goberno municipal acabou coa Mostra de Pintura e Escultura das festas do Alivio".

 No referente a levar e promover a cultura polas parroquias, Violeta de Santiago afirmou: "A cultura ten que ser universal e todos temos que ter acceso a ela. Sobre todo os máis desfavorecidos. E neste concello, a cultura nin chega as parroquias e hai que pagala".

 No tocante ao transporte, "hai que implementar á mobilidade sostible, implantando os bonos-taxi para que os veciños se poidan achegar ao centro para realizar todo o necesario, que non chega a parroquia".

 "En turismo temos moito potencial: as fortalezas,  o río Miño e a sua ribeira, as praias, o románico, rutas de senderismo, os muiños, a Pedra Furada, a gastronomía, os nosos viñedos, etc etc..", afirmou Violeta.

 A candidata do PSdeG-PSOE á alcaldía de Tomiño lanzou "a proposta da creación dun Centro de Desenvolvemento Rural, e iniciar todas as xestións necesarias para logralo". Tamén anunciou a proposta de facer un gran parque de ocio e lecer, "para o que xa temos a ubicación e proxecto".

 Pero para Violeta de Santiago e seu equipo humano, "o mais importante é atender as persoas. Facer un Tomiño para a xente. Abrir o concello para que entre aire fresco e outro xeito de gobernar sexa posible. Onde se escoiten os problemas reais da cidadanía. E porque todas e todos queremos un Tomiño onde sentirnos a gusto, sen importar se vives nos núcleos urbanos ou nas parroquias, que son as grandes esquecidas".
 
 Rematou  a  intervención con palabras de agradecemento as e os compañeiros de candidatura. "Todas elas e eles - dixo - teñen a mesma ilusión, mellorar en todos os aspectos á vida dos tomiñeses. Grazas a todas e todos por acudir".

Ningún comentario:

Publicar un comentario