22 de maio de 2023

OIA

Carmela Silva aposta por Gerardo Rodríguez como o vindeiro alcalde de Oia 

 E comprométese a visitar Oia o 29 de maio para celebrar a alcaldía socialista

• Gerardo Rodríguez insistiu en que é necesario facer avanzar a Oia, e eses cambios tan necesarios, só poden vir da man dun goberno socialista á fronte do consistorio de Oia a partires do 28 de maio. 


Gerardo Rodríguez - no centro da imaxe - con Carmela Silva e membros da candidatura que o PSdeG-PSOE presenta en Oia


Infogauda / Oia

 Os socialistas de Oia levaron a cabo na pasada fin de semana tres actos denominados “Xuntanzas cos veciños”, un formato alonxado dos tradicionais mitins de campaña, dun xeito máis próximo á cidadanía e en formato charla-coloquio. 

 Deste xeito realizáronse xuntanzas cos veciños e veciñas de Torroña, Burgueira e Loureza, contando cunha gran aceptación e participación dos veciños e veciñas, escoitando as súas inquedanzas e procurando solucións aos problemas do día a día dos veciños. 

 Nestes actos contouse coas intervencións de Gerardo Rodríguez Refojos, candidato á alcaldía de Oia, e os membros da candidatura: Belén Pulido, Blas Fernández e Marisa Giráldez. 

 Os socialistas de Oia pediron o apoio dos veciños ante a inacción do actual goberno do PP de Cristina Correa, que na última lexislatura non foi quen de dar solución aos diferentes problemas que afectan aos veciños. 

 Belén Pulido, aposta pola candidatura do PSdeG-PSOE como candidatura gañadora, garantindo unha mellora vial con beirarrúas para os veciños de Loureza, Torroña e Burgueira, así como a necesidade dun Centro de Día no municipio para atender aos nosos maiores. 

 Marisa Giráldez falou da ilusión e compromiso da candidatura socialista, o que precisa Oia para ter progreso e futuro, dende a humildade e o esforzo. 

 Blas Fernández pediu o apoio dos veciños de Oia este domingo para ter unha oportunidade real de mudar as cousas, de achegar o concello á cidadanía e poder gobernar, por e para todos e todas as veciñas de Oia. 

 Gerardo Rodríguez Refojos, xandidato á Alcaldía de Oia, falou da falta de compromiso do actual goberno do PP, insistindo en que é necesario facer avanzar a Oia, e eses cambios tan necesarios, só poden vir da man dun goberno do PSdeG-PSOE á fronte do consistorio de Oia a partires do 28 de maio. 

Visita de Carmela Silva a Oia 

 Na súa visita a Oia na xornada do domingo 21 de maio, Carmela Silva puxo de manifesto que a candidatura do PSdeG-PSOE é a candidatura gañadora, unha candidatura que conxuga compromiso, ilusión e que conta cun candidato amable, preparado e que traballará polos intereses de todos e todas as veciñas de Oia. 

 Carmela Silva engadiu que o 29 de maio ten o seu compromiso de visitar Oia para celebrar cos socialistas de Oia e con Gerardo a chegada á alcaldía do municipio dun goberno do PSdeG-PSOE. 

 Vídeo da visita de Carmela Silva a Oia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario