20 de maio de 2023

O ROSAL

O PP ofrece un Goberno cun proxecto propio, feito desde e para O Rosal 

 

Carlos Rodríguez, candidato do PP á alcaldía do Rosal, con Luis López, Luisa Piñeiro e membros da candidatura que os populares presentan ás eleccións municipais

O candidato do PP á alcaldía do Rosal con membros da executiva provincial e compoñentes da candidatura, nunha visita a un establecemento


Infogauda / O Rosal

 O presidente provincial do Partido Popular, Luis López, e  a secretaria xeral, Luisa Piñeiro, acompañaron esta mañá ao candidato á alcaldía do Rosal, Carlos Rodríguez Vicemte, nun paseo polo centro do concello, no que aproveitaron para explicar o proxecto dos populares para este concello.   

 Luis López destacou que Carlos e o PP son o Goberno que O Rosal necesita, un goberno cun proxecto propio para este concello, feito desde e para O Rosal, e que inclúe respostas aos principais problemas e prioridades que teñen os veciños, tras catro anos dun Goberno nacionalista que converteron ao Rosal nunha parroquia máis de Tomiño, con grandes deficiencias, falta de xestión e de iniciativa.  

 Pola súa banda, Carlos Rodríguez Vicente sinalou que o PP do Rosal inclúe no seu programa proxectos realistas que poidan xerar oportunidades para todo o municipio. Así, en materia de educación, inclúe mellorar os centros escolares e xestionar a implantación de novos ciclos formativos. Tamén aposta por facilitar á Xunta de Galicia os trámites para remodelar ou ampliar o Centro de Saúde e habilitar un aparcamento próximo, e consolidar e mellorar o servizo de axuda no fogar. A nivel cultural, comprométense a recuperar as Festas do Pilar no mes de outubro e de xullo e a Feira do libro, entre outros actos, e recuperar e ampliar as actividades que ofertaba o concello para a veciñanza. En materia de turismo, inclúen abrir e consolidar rutas e fomentar o turismo sostible, ademais de reabrir as oficinas de información”. Tamén aspiran a iniciar as xestións para crear vivendas de protección oficial neste concello e crear novos espazos verdes en diferentes lugares, así como mellorar e modernizar as infraestruturas deportivas, entre outras medidas”. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario