20 de maio de 2023

A GUARDA

Antonio Lomba garante que “no próximo mandato impulsaremos a construción do novo auditorio, que albergará o conservatorio e un parking subterráneo”  


Infografía do auditorio municipal á ubicar no predio coñecido como "Finca de Fínola"
Fonte: GMS

Infogauda / A Guarda 

 Antonio Lomba, candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía da Guarda, garante que “no próximo mandato impulsaremos, xunto con outras administracións, a construción do novo auditorio na finca da Fínola, que albergará o conservatorio e un parking subterráneo”.  

 O goberno local adquiriu hai anos os terreos da finca de Fínola e realizou os trámites urbanísticos necesarios para converter esa parcela en chan público dotacional. “A nosa idea é clara: construír nesa parcela o auditorio municipal, unha demanda histórica da vila”, explica o candidato socialista.  

 Antonio Lomba está convencido de que “é un proxecto de presente e de futuro, para que os guardeses disfruten dun equipamiento tan necesario e demandado como é o auditorio e da ampliación da Alameda”.  

 Dentro das propostas culturais, os socialistas pretenden tamén “a rehabilitación integral do primeiro bloque do Centro Sociocultural do antigo Sinde para mellorar as instalacións, que a día de hoxe son utilizadas polas asociacións da vila”.  

 “Tamén seguiremos coa política de grandes concertos no Porto e habilitaremos un aula de estudo cun horario estable nas dependencias da biblioteca do Centro Cultural”, engade Antonio Lomba.

Ningún comentario:

Publicar un comentario