13 de maio de 2023

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

ANXO LOIS BAZ, CANDIDATO DO BNG Á ALCALDÍA: “A GUARDA MERECE UN GOBERNO QUE ESCOITE  E TRABALLE DA MAN DA  VECIÑANZA, COMO FAI MERCHI EN CAMPOSANCOS” 


Vista do acto público de presentación da candidatura á E.L.M. de Camposancos, que o BNG celebrou onte


Infogauda / Camposancos  

  No primeiro acto público de presentación da candidatura do BNG á Entidade Local Menor de Camposancos, celebrado na tardiña de onte, na Casa Cultural da Comunidade de Montes, o candidato do BNG á alcaldía da Guarda, Anxo Lois Baz Vicente, brindou todo o seu apoio a veciñanza para petar con decisión nas portas da Xunta de Galiza e conseguir que a senda peonil Camposancos-A Guarda sexa unha realidade no menor tempo posíbel”.   

 Noutro  momento da súa intervención  e despois de abordar distintas propostas do programa do BNG dirixiuse a veciñanza coas seguintes palabras: “Pídovos unha oportunidade para desenvolver o Monte Trega, para convertelo dunha vez por todas na pedra angular da nosa identidade e reforzar o seu papel como elemento dinamizador da  nosa economía”.  

 Rematou a súa intervención manifestando: “A Guarda merece un goberno que escoite e que traballe da man da veciñanza, como fai Merchi en Camposancos”.  


María Mercedes Martínez Vázquez "Merchi", candidata á reelección como presidenta da Entidade Local Menor de Camposancos, e Ricardo Fernando Portela Vilas (suplente)  

 Pola súa parte Mª Mercedes Martínez Vázquez (Merchi), presidenta da Entidade Local Menor de Camposancos, e candidata polo BNG á reelección, despois de repasar o traballo feito neste mandato marcou como “obxectivo fundamental continuar co proceso de mellora e modernización da traida de augas e con  actuacións que contribuian ao aforro enerxético”.   

 Tamén sinalou “a limpeza de rúas, camiños, regos, fontes e lavadoiros como unha liña de traballo que hai que continuar, así como a programación  cultural” iniciada no seu mandato.

Ningún comentario:

Publicar un comentario