Exposición das listas do censo electoral para as Eleccións Municipais do 28 de maio de 2023
• Poderán consultarse na oficina do padrón municipal as listas do censo electoral que se utilizarán nas Eleccións Municipais do vindeiro 28 de maio.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda vén de facer público que entre os días 10 e 17 de abril, ambos inclusive, poderán consultarse na oficina do padrón municipal - na Casa dos Alonso, sede do concello - as listas do censo electoral que se utilizarán nas Eleccións Municipais do vindeiro 28 de maio.
O horario de consulta será entre as 9.00 e ás 14.00 horas, de luns a venres, que deberá facerse de xeito individual, previa identificación da persoa (mediante D.N.I., pasaporte ou permiso de conducir).
É conveniente que aquelas persoas que houberan cambiado de domicilio, ou que cumpriran 18 anos recentemente comproben a súa correcta inscrición no censo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario