5 de abr. de 2023

A GUARDA

O Concello de A Guarda estrea nova canle de comunicación vía WhatsApp 

A través deste servizo a veciñanza poderá recibir información sobre a actualidade do municipio (actividades, convocatorias de emprego, cursos, eventos, etc.). 


Fonte: C.A.G.



Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda continua co seu proceso de modernización e establecemento de novas canles de comunicación coa cidadanía. Nesta ocasión incorpora o servizo de mensaxería instantánea WhatsApp, a popular aplicación que ten un uso tan estendido entre persoas de todas as idades.   

 A través dese servizo a veciñanza poderá recibir información sobre a actualidade do municipio (actividades, convocatorias de emprego, cursos, eventos, etc.).

 Para desfrutar do servizo, a persoa interesada deberá gardar o número 679 074 381 na súa axenda de contactos e logo enviar unha mensaxe de WhatsApp coa palabra ALTA.   

 Pódense consultar as normas de uso premendo na seguinte ligazón.  

 Recordar que para a recepción de incidencias segue estando en funcionamento a aplicación Concello da Guarda e o apartado “Diríxete ao Alcalde” da web municipal. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario