O Concello de Oia vai presentar o libro “Santa María de Oia. Arte, historia e patrimonio dun mosteiro transfronteirizo”
• O acto celebrarase este venres no propio cenobio e con inscrición previa
Infogauda / Oia
O Concello de Oia vén de editar o libro Santa María de Oia. Arte, historia e patrimonio dun mosteiro transfronteirizo. A obra é froito do traballo do historiador tudense Suso Vila e será presentada no propio cenobio este venres ás 19.00h. Para asistir cómpre inscribirse previamente chamando ao Concello ao número 986 36 21 25.
A obra abrangue diversos aspectos arredor do Mosteiro de Santa María de Oia, cenobio cisterciense “responsable de transformar o suroeste de Galicia” e que “se ligou á súa contorna como ningún outro centro monástico en Galicia”, segundo afirma o propio autor no libro.
Entre outros aspectos, o volume aborda a paisaxe histórica fronte a paisaxe natural de Oia, as orixes do mosteiro e principais episodios históricos, a desamortización, o campo de concentración durante os anos da guerra civil e a súa situación actual. Tamén fai un achegamento á arquitectura do monumento, prestando especial atención á igrexa e o mobiliario litúrxico que se conserva (retablos, coro, pinturas, etc.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario