O Concello de Oia organiza un campamento infantil de Semana Santa do 3 ao 5 de abril
Infogauda / Oia
O Concello de Oia organiza un campamento infantil os próximos días 3, 4 e 5 de abril, pensado para favorecer a conciliación familiar durante as vacacións escolares de Semana Santa.
O campamento vai dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos e desenvolveráse no CEIP Mestre Manuel García, en horario de 9.00 a 14.00 horas. As actividades serán de balde.
Para participar cómpre inscribirse no rexistro do Concello de Oia. O prazo está aberto ata o venres 31 de marzo ás 13.00 horas e as prazas son limitadas.
Para máis información pódese contactar co Concello no número de teléfono 986 362 125.
Ningún comentario:
Publicar un comentario