Alumnado do colexio PP. Somascos crearon no monte Santa Trega o “Espazo Revirando”
• A acción medioambiental estivo enmarcada dentro da carreira Revirando
Representantes municipais, presidente da xunta reitora da Comunidade de Montes de Camposancos, un profesor e alumnos do colexio PP. Somascos, nun momento da actividade realizada no parque forestal Padre Baltasar Merino
Fotos: C.A.G.
Infogauda / Camposancos
Dentro das accións da carreira Revirando, realizouse unha actividade medioambiental á que asistiron alumnos do Colexio PP. Somascos, de A Guarda, acompañados de membros do equipo docente e dos concelleiros Mª Montserrat Magallanes Álvarez e Rafael Álvarez Martínez.
O alumnado do Colexio PP. Somascos “fixo feliz ao polbo”, imaxe da iniciativa Revirando, xa que levaron a cabo unha plantación no parque Padre Baltasar Merino, na zona de Chans - pertencente a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Camposancos -, do monte Santa Trega, creando deste xeito o “Espazo Revirando”.
“O polbo de Revirando ten moitos tentáculos, e o da natureza é un moi importante”, afirmou David Alonso, membro do equipo docente do Colexio PP, Somascos e impulsor desa iniciativa.
Na actividade do pasado xoves plantáronse diferentes especies arbóreas coma carballos, árbores con moita saúde, como a carreira Revirando, da que proximamente anunciaranse novidades.
Tamén se colocou no parque forestal Padre Baltasar Merino un fermoso atril de madeira coa imaxe do “polbo Revirando” para inmortalizar a visita.
Nesta acción medioambiental colaborou a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos, que cedeu os terreos e axudou nas tarefas de plantación, así coma o concello de A Guarda, que doou os árbores plantados, e Viveiros Tollo que doou diferentes plantas para embelecer a zona.
Ningún comentario:
Publicar un comentario