ATLETISMO
MARÍA DOLORES MARTÍNEZ VICENTE, DE O ROSAL, LOGROU MEDALLA DE BRONCE
• No seu debut nos 3.000 metros de pista cuberta, categoría master 50
Informa: Sociedade Atlética do Trega
Na xornada de onte, domingo día 12 de marzo, María Dolores Martínez Vicente, da Sociedade Atlética do Trega (Tomiño), participou no Campionato Galego, que reuniu ás mellores marchadoras de todas as categorías na modalidade Indoor (baixo teito).
A atleta rosaleira, que debutou na proba de 3.000 metros de pista cuberta, na categoría master 50, entrou en meta na 3ª posición da súa categoría, facendo marca persoal 21´33"53. Un logro que lle permitiu facer con outra medalla, neste caso de bronce, para o concello do Rosal, e dese xeito incrementar o seu palmarés, sumándolle á outra medalla que conseguira apenas hai uns meses no 10km en roteiro.
Moitas felicidades! A ela e ao seu adestrador Javier Sierpes Silva, onde xuntos empezarán facer historia na marcha.
Ningún comentario:
Publicar un comentario