A Guarda viviu a gran festa do deporte
• O concello outorgou distincións aos seus deportistas máis destacados na XIV edición da Gala do Deporte
• O escalador Erik Noya foi o padriño desta edición
• O alcalde Antonio Lomba Baz adicou unhas palabras a todos os deportistas, e entidades premiadas, destacando o “gran músculo deportivo” que temos na vila
Foto de familia do alcalde, concelleira de Deportes, e membros da corporación municipal de A Guarda, cos deportistas e representantes de entidades galardoadas na XIV Gala do Deporte Guardés
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O Centro Cultural da vila acolleu o pasado venres día 10 de marzo a gran festa do deporte guardés coa celebración da XIV Gala do Deporte, na que se contou coma padriño ao escalador Erik Noya, de ascendencia guardesa.
Neste evento recoñecéronse os logros e méritos deportivos acadados durante o pasado ano polos deportistas, clubs e entidades deportivas de A Guarda, poñendo así en valor o traballo, esforzo e compromiso das numerosas persoas que forman parte do ámbito deportivo local.
A gala, comezou ás 20:30 horas ante un salón de actos do Centro Cultural que puxo o cartel de aforo completo, e estivo presentada, unha vez máis, polo xornalista Terio Carrera e coa amenización con coreografías de deportistas de Dansá.
Nesta XIV edición outorgáronse distincións a José Manuel Fandiño García, en recoñecemento pola súa dedicación ao deporte; ao Open Club Tenis Codesal, como mellor iniciativa; ao Sporting Guardés, en recoñecemento a promoción e fomento do deporte; ao Mecalia Atlético Guardés, como mellor equipo; ao equipo alevín, formado por Marcos Pacheco, Pablo Rodríguez Martínez, Alvaro Romeu García, Pablo Fajar González, Lucas Brandón González e Leví Domínguez Olivares, do Tenis Club Codesal; á tripulación cadete féminas, formada por Esther, Claudia e Tania Dorado Acevedo; Nerea e Claudia Dorna, Tecla Baz Baz, Uxía Fernández Videira, Manuela Vicente Cadilla e Gabriel González Rolán, do Club de Remo Robaleira.
En canto aos deportistas individuais outorgáronse distincións a: Erik Noya, en escalada; Alejandro Pena Peniza e Noa González Da Costa en judo; a Rosalía Soler Lomba e Paula Baz, en natación; a Jorge García en patinaxe; a Mara Romeu, Álex Sierpes, Elsa Pena, Sergio Rodríguez, e a Eva Piñel en atletismo.
Ao remate da entrega de distincións o alcalde Antonio Lomba Baz adicou unhas palabras a todos os deportistas, e entidades premiadas nesta XIV edición da Gala do Deporte, destacando o “gran músculo” que temos na vila en canto ao deporte, un gran referente para as novas xeracións, con deportistas de gran nivel en multitude de modalidades e disciplinas deportivas.
Mª Montserrat Magallanes Álvarez, concelleira de Deportes, engadíu que “nesta edición da gran festa do deporte guardés recoñeceuse o traballo, esforzo e implicación dos clubs, entidades deportivas e deportistas individuais, visibilizando o enorme traballo realizado, a importancia do deporte base na formación dos nosos rapaces e rapazas e os beneficios que para a saúde reporta a práctica deportiva.”
Ningún comentario:
Publicar un comentario