OS COMUNEIROS DE CAMPOSANCOS APOIAN MAIORITARIAMENTE O LABOR DA XUNTA REITORA
• Na asemblea xeral ordinaria anual que veñen de celebrar coa participación de 105 veciños/as
Infogauda / Camposancos
Coa asistencia de 105 veciños/as, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos vén de celebrar na súa sede social, a asemblea xeral ordinaria anual, na que se presentou o estado económico, proxectos, admisión de novos comuneiros, acordo con Naturgy Fenosa, etc., desenvoltos en nove puntos da orde do día.
“Subliñamos - dixo José Fernando Martínez Martínez, presidente da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos - que todos os puntos foron aprobados por unha inmensa maioría dos asistentes. É relevante e un espaldarazo para os/as directivos/as que soio se contabilizasen dúas abstención e un voto en contra. Todo un fito para a xunta reitora sentir este respaldo, que é un balón de oxígeno limpo.
Grazas Camposancos. ¡Viva Camposancos!”
Ningún comentario:
Publicar un comentario