10 de mar. de 2023

DEPORTES

 FÚTBOL

Primeira Rexional – Grupo 5 

O SPORTING GUARDÉS RECIBIRÁ A UNIÓN DENA. C. F.

 O domingo día 12 de marzo, ás 5:30 da tarde no Estadio Municipal A Sangriña




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 O Sporting Guardés, que nas xornadas inmediatamente precedentes vén despregando un xogo efectivo, recibirá este domingo día 12 de marzo ao equipo da Unión Dena, C.F., do concello de Meaño. 

 De entrada, o conxunto visitante, situado na posición 11ª da clasificación, contabiliza 29 puntos, como consecuencia de haber logrado 8 victorias, 5 empates e de encaixar 11 derrotas, habéndose anotado 32 goles a favor e 36 en contra.

 Pola súa banda, o Sporting Guardés, ubicado na posición 15ª da táboa, ten 26 puntos. Logrounos mediante 7 victorias e 5 empates, coñecendo a derrota en 12 encontros. No que respecta a goles, anotouse 34 a favor e contabiliza 41 en contra.

 Visto así, o encontro deste domingo preséntase con todos os alicientes para o Sporting Guardés e súa afección. Baseamos esa previsión, valorando moi positivamente que na xornada 23ª, o Sporting Guardés lograse no campo municipal de A Sangriña, unha importante victoria (4-0) fronte ao Mondariz. Con ese trunfo, o conxunto que adestra Toñete Rodríguez, escalou do posto 18º - onde semellaba estar lastrado - ao 15º da táboa clasificatoria. E non soio iso, xa que eses 4 goles permitíronlle ao equipo de A Guarda, reducir a diferencia entre os tantos a favor e goles en contra. Ademais, logo desa xornada, o equipo senior do Sporting Guardés pasou a contabilizar 23 puntos. Son detalles que fan que esa victoria teña máis mérito, tendo en conta que o Mondariz estaba situado no posto 8º da táboa.  

 E na xornada 24ª, que tivo lugar o domingo día 5 de marzo, o Sporting Guardés visitou o feudo do san Cipríán - situado no posto 12º da táboa -, logrando rematar o encontro co resultado de 0-1. Esa importante victoria permitiulle ao conxunto de A Guarda, consolidarse na 15ª posición da clasificación. 

 Dese xeito, o Sporting Guardés ben merece que as gradas rexistren unha importante asistencia de seareiros guardesistas que apoien ao equipo, porque realmente estamos notando que os xogadores están traballando na liña correcta e facendo moi ben os deberes, deportivamente falando. E iso hai que destacalo porque é de xustiza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario