12 de mar. de 2023

DEPORTES

 ATLETISMO

32 anos despois, o puro sangue guardés, Álex Sierpes Pereira esnaquiza brutalmente o récord galego Sub-16 dos 1.000 metros Indoor

 O fenómeno do Baixo Miño fixo a mellor marca galega de todos os tempos cuns maxestoso 2´34"59, baixo teito en Ourense, proclamándose ao mesmo tempo campión autonómico (con medalla de ouro)


Álex Sierpes Pereira - no centro da imaxe - no momento do podio
Alejandro Santos Adrover - a esq. da imaxe - no podio


Informa: Sociedade Atlética do Trega

 Esta fin de semana, a pista cuberta de Expourense acolleu o XXXVI Campionato Xunta de Galicia Individual Sub-16 de pista cuberta 2023. 

 O noso club tivo varias presenzas en diferentes probas pero sen dúbida, unha vez máis, Álex Sierpes Pereira  foi o noso mozo atleta de A Guarda a perla inesgotable que non se cansa de seguir facendo historia para a escola da Sociedade Atlética do Trega (Tomiño) o talento que non para de crecer, competición a competición. 

 Con esta xesta fainos retroceder á década dos 80 e 90, tempos que quizais foron o maior berce de atletas de gran valor e nivel competitivo na categoría cadete, coas calidades innatas que posuían no seu día, aquela xeración fantástica, cunhas condicións cardiovasculares e unhas pernas únicas. Son aqueles atletas, que destacaban por aquel entón como: Rubén Campos, Calvar, Mayan, Ramallo, Posada, entre outros. Con este agasallo que nos ofreceu onte á tarde, o pequeno dos Sierpes, consegue con esa sensacional marca e  entrar no club dos mellores fondistas e mediofondistas que se lembra neste medio século, sorte dos que puidemos ver ou vivir, aquela época dourada do atletismo galego. 

 Agora tan só cabe saber onde será o teito do noso mozo atleta, o cume máximo deportivo, pero desde o club valoramos que siga evolucionando adecuadamente a súa progresión e non temos présa, non lle damos máis importanticia da que ten, tratando de seguir formándoo, facendo que as súas marcas sexan as adecuadas para a súa idade, sen queimar ningunha etapa en formación, o que faga, fágao ben polas súas calidades ou xenes, no canto de brutais  adestramentos. 

 Pero se era pouco esta noticia radiante, para o noso club, quen abriu a expedición da Sociedade Atlética do Trega no campionato, foi a gran intervención que se marcou o mozo do Rosal Alejandro Santos Adrover, onde realizou unha gran carreira nos 3.000 metros cunha marca de 9´43"30 nunha proba que transcorreu nuns parciais por volta, a ritmos moi altos nos primeiros compases da carreira, Alejandro soubo ir a ritmo, volta a volta, como un reloxo suízo con precisión, correndo un pouco máis atrás atrasado no grupo, ata falta de 3 voltas, foi onde este formidable mozo lanzouse cun cambio de ritmo que o levou a pola medalla de prata. 

 É moi significativo o resultado deste raparigo, que deixou o fútbol para dedicarse con amor, paixón e entrega ao noso deporte querido, resaltar que tan só leva 3 meses adestrando no noso club, sendo os resultados inmellorables, darlle nosa máis sinceiras felicitacións a este deportista novel sendo o seu primeiro ano na categoría. 


Álex Sierpes Pereira e Alejandro Santos Adrover coas súas respectivas medallas

 Quédanos dicir, que estes dous atletas están convocados coa selección galega sub-16 de cros para disputar o Campionato de España de Autonomías, sendo o evento esta próxima fin de semana en Pamplona (Navarra). 

 Desexarlles moita sorte ao guardés e ao rosaleiro, por levar o Baixo Miño todo o máis alto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario