“EspecializAcción”, accións formativas para negocios locais
• Trátase dun total de 5 obradoiros destinados a contribuír a que hostalaría e negocios locais adquiran formación en áreas específicas.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda, a través da concellaría de Desenvolvemento Local vai iniciar neste mes de marzo unha oferta de accións formativas gratuítas dirixidas comercio, hostalería e empresas da vila.
“Despois de realizarse unha enquisa entre o tecido empresarial, na que se propuxeron un total de 16 obradoiros a elixir e diferentes horarios para a súa realización, seleccionáronse un total de 5 obradoiros, que foron os que espertaron maior interese polos diferentes profesionais do comercio, hostalería e empresas da vila, mesmo engadindo algunha demanda que non estaba no listado inicial”, dixo Fátima Rodríguez Marcos, concelleira de Formación e Desenvolvemento Local, de A Guarda.
Estes obradoiros están enmarcados na campaña de apoio a o comercio e hostalaría local, iniciada xa no ano 2021 e que, nesta primeira parte de ano 2023, inclúen un total de 5 obradoiros.
As accións formativas de “EspecializAcción” comezarán na xornada do 14 de marzo en horario de 17:30 a 19:30h, co obradoiro de barista básico, que terá lugar en Xorxios - onde estivo o restaurante Barbela -, na estrada Costa dos Soldados (Camposancos), e será impartido por Csaba Bóka, monitor profesional de baristas e participante en campionatos do mundo.
O segundo obradoiro, de decoración de cafés, realizarase na xornada do 21 de marzo en horario de 17:30 a 19:30h, e tamén será impartido por Csaba Bóka, en Xorxios, Camposancos.
Na xornada do 28 de marzo en horario de 20:30 a 22:30h a Casa dos Alonso acollerá o obradoiro de empaquetado creativo de regalos, impartido por Noelia e Ramón, da papelería artesanal Papelier, de Baiona.
O penúltimo obradoiro de “EspecializAcción” chegará á Casa dos Alonso o 11 de abril en horario de 20:30 a 22:30h da man de Jorge Alonso Daldea, que tratará sobre publicidade en Facebook e Instagram.
Xa para rematar as primeiras accións formativas de “EspecializAcción” desta primeira parte do ano 2023, na xornada do 18 de abril en horario de 20:30 a 22:30h, terá lugar na Casa dos Alonso o obradoiro de posicionamento SEO para páxinas web e tendas en liña, impartido por Jorge Alonso Daldea.
Estes obradoiros teñen unha duración aproximada de dúas horas e é preciso unha inscrición previa chamando ao 986 610 000 ou remitindo un correo electrónico a conserje@aguarda.es.
As prazas son limitadas a 10 persoas para os obradoiros de barista básico e decoración de cafés, E a 15 persoas para os de empaquetado de regalos creativo, publicidade en Facebook e Instagram e e optimización e posicionamento en buscadores.
As inscricións estarán abertas ata dous días antes de cada acción formativa ou ben ata completar o aforo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario