O concello de A Guarda mellora o equipamento para a recollida de lixo
• Ao incorporar un novo vehículo para esa finalidade e mellorar a súa eficacia e seguridade.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda ten entre outros obxectivos, o de mellorar e facer máis eficiente o funcionamento do sistema de recollida separada de residuos. Nesta liña, a vista da antigüidade da frota de camións de recollida de lixo, o concello comezou a súa renovación coa adquisición dun novo vehículo, cuxa compra foi financiada con fondos propios do concello guardés.
Este novo camión ten unha capacidade de carga de 2.300 Kg, cun incremento dun 42%, en comparación co camión antigo, ademais de contar cun sistema de compactación mais potente o que nos da como resultado un importante aumento na eficiencia do servizo.
O seu menor volume permite que sexa máis manexable, sobre todo nas rúas máis estreitas. Co aumento da carga conséguese diminuír as viaxes a planta de transferencia o que representa un aforro económico e un aumento da produtividade do servizo ao reducir os tempos mortos.
Con este novo vehículo hai tamén unha importante mellora na seguridade dos traballadores xa que durante a recollida poden desprazarse dentro da cabina.
O equipo de goberno segue traballando na renovación e modernización dos servizos municipais co obxecto de responder mellor as demandas dos veciños e veciñas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario