Os 9 e 10 de abril terá lugar en A Guarda o Festival Europeo de Teatro Xuvenil “Actúa Verde”
• A asociación guardesa FOCO organiza este festival no que mozos e mozas de A Guarda e Italia amosarán pezas teatrais relacionadas co medio ambiente.
Infogauda / A Guarda
Cunha financiación europea, a asociación guardesa FOCO, en colaboración con Calypso (Pavía, Italia) organiza un festival europeo de teatro xuvenil, que tamén incluirá outras actividades artísticas e lúdicas ao longo dos días 9 e 10 de abril.
Este festival céntrase na crise climática e a preocupación polo medio ambiente que os 22 mozos que participan na organización de este festival teñen. Como elemento innovador, a mocidade foi a que deseñou o programa do festival e quen estan detrás da organización das actividades, así como mediante a creación colaborativa das obras de teatro. Ademais, todas as actividades e mostras do festival van ser totalmente gratuítas.
O festival comezará o día 9 de abril as 12 do mediodía na praza do Reloxo, de A Guarda, coa obra AplhaZed, unha peza creada polo grupo italiano, que versa sobre o cambio climático a través de imaxes, palabras e metáforas. Tamén se presentará a obra A Inimiga do Pobo, unha versión da obra de Ibsen, reinterpretada dende a visión de 11 mozas e mozos de A Guarda.
Ás 16:00 horas do domingo 9 terá lugar un obradoiro de arte na rúa na que as persoas que participen poderán personalizar camisetas e bolsas de man con plantillas e aerosoles. Este obradoiro realizarase na pista de patinaxe de A Guarda.
As 21:30 h., e tamén na praza do Reloxo realizarase un micro aberto. Un espazo onde a mocidade guardesa presentará diversas pezas artísticas breves a través de diferentes disciplinas (baile, música, poesía...).
O luns 10, as 11:00 horas, na fortaleza de Santa Cruz levarase a cabo unha gynkana para mozos e mozas de 12 a 17 anos. Pola tarde, ás 16:00, realizaranse obradoiros teatrais abertos tamén para a mocidade de 12 a 17 anos na que poderán descubrir se o teatro é a súa paixón. Estes obradoiros realizaranse no concello vello.
Para presentar o festival, o xoves 6 de abril ás 17:00 hpras, exhibirase unha exposición de arte creado por mozas e mozos de A Guarda no Tayer, na rúa Vicente Sobrino 10.
O Concello de A Guarda colabora con esta iniciativa na cesión dos diferentes espazos onde se vai a realizar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario