Citas para a renovación do DNI na Guarda para o mes de marzo
Infogauda / A Guarda
O vindeiro luns día 6 de marzo de 2023 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de marzo de 2023.
A apertura do prazo para a solicitude de novas citas en marzo ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo comezarán na data indicada, de xeito preferentemente telefónico no teléfono 986 610 000 de 9:00 a 14:00h, ou presencialmente na Casa dos Alonso.
A unidade móbil desprazarase á vila de A Guarda o día 14 de marzo e a recollida de documentos terá lugar o día 17 deste mes.
Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou de Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.
Ningún comentario:
Publicar un comentario