2 de feb. de 2023

A GUARDA

Comeza na Guarda o proxecto “O RÍO QUE NOS UNE” 

 No que se desenvolve o fomento da participación de mozos e mozas tanto da Guarda como de Caminha, no proceso de decisión das políticas de mocidade municipais 

 A primeira reunión do proxecto no que participa a asociación FOCO, a Câmara Municipal de Caminha e o Concello de A Guarda tivo lugar na Guarda o día 1 de febreiro. 


Reunión inicial do proxecto O RÍO QUE NOS UNE, celebrada na Casa do Concello de A Guarda
Foto: C.A.G.

Gonzalo Martínez Ramiro / A Guarda

 O proxecto O RÍO QUE NOS UNE é unha iniciativa de cooperación no ámbito da mocidade financiada polo programa Erasmus+ da Unión Europea cun financiamento de 17.164€.  

 Este proxecto reúne a 3 socios: a Câmara Municipal de Caminha, o Concello de A Guarda e a asociación FOCO. Neste proxecto as dúas institucións municipais colaborarán na implementación das actividades locais que se propoñerán despois dos encontros que guiará a asociación entre persoas mozas de ambos municipios. 

 Co proxecto O RÍO QUE NOS UNE abordaremos o tema da participación xuvenil nas políticas de mocidade municipais para aumentar a cooperación e cohesión de ambos municipios no deseño e implementación de iniciativas e actividades xuvenís. Para cumprilo, serán incluídos e habilitados procedementos e mecanismos para garantir a participación da mocidade no deseño destas actividades.  

 O proxecto divídese en dúas partes: unha primeira fase de encontros entre mozos/as da Guarda e Caminha na que se establecerán as actividades que se propoñerán aos dous municipios a través dun proceso participativo; unha segunda fase na se que levarán a cabo as actividades.  

 Será unha oportunidade para reflexionar sobre como cooperar entre os dous países, facilitar a comunicación entre os/as mozos/as e os/as representantes políticos.  

 O proxecto ten como obxectivo establecer en cada municipio un mecanismo para que as persoas novas pedan propoñer ao seu concello e deseñar actividades que estean adaptadas ás súas habilidades e realidade,  prestando especial atención à xuventude de menos de 20 anos (quen máis afastada e allea ve ás institucións) e crear unha axenda de actividades xuvenís transfronteiriza conxunta. Con este proxecto, queremos potenciar un marco común europeo para a realización de actividades e participación xuvenil e fortalecer a nosa rede de organizacións xuvenís a nivel internacional. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario