2 de feb. de 2023

A GUARDA

Programa de mellora da cobertura de internet na Guarda  

O programa UNICO-Banda Ancha, do Goberno, ten como obxectivo dotar dunha tasa de cobertura de moi altas capacidades ao 100% da poboación galega en 2025. 

O concello deA  Guarda informará a todos os veciños e veciñas sobre a situación da súa vivenda nos plans de extensión da fibra.

  

O alcalde de A Guarda asistiu a reunión que a Secretaria de Estado de Telecomunicacións, María González Veracruz, mantivo na Deputación de Pontevedra con alcaldes e alcaldesas da provincia

Fotos: C.A.G.



Infogauda / A Guarda

 O alcalde de A Guarda asistiu a reunión que a Secretaria de Estado de Telecomunicacións, María González Veracruz, mantivo na Deputación de Pontevedra con alcaldes e alcaldesas da provincia para presentar os plans do Goberno de extensión de fibra óptica no territorio.  

 "O Goberno lanzou ata o momento - indican desde o Executivo municipal de A Guarda -  dúas convocatorias do programa UNICO-Banda Ancha (2021 e 2022). O obxectivo deste programa e o de subvencionar a instalación de fibra ás empresas instaladoras para conseguir que o despregue da banda ancha chegue a toda a poboación independentemente de intereses e rendibilidade comercial.  

 O despregue licitado na convocatoria de 2022 adxudicado a empresa Avatel Telecom, contempla a instalación de fibra en máis de 400 vivendas cubrindo a totalidade das zonas brancas (zonas sen cobertura pública de fibra) detectadas. Neste despregue instalarase fibra, entre outras zonas: no Outeiro, en Camposancos; en Fonte Quente; nos Outeiros; na Cruzada; en Netos e na Gándara.  

 Para detectar vivendas sen cobertura de fibra que non estean previstas no actual despregue o concello habilitará un punto de información permanente. A información recompilada transmitirase á Secretaría do Estado de Telecomunicacións para que inclúa as vivendas sen servizo de fibra no plan de despregue de 2023".  

 O alcalde, Antonio Lomba, comentaba ao saír da reunión que “o concello da Guarda, como xa fixo en anteriores proxectos de instalación de fibra, ponse a disposición da empresa instaladora da fibra e da cidadanía, para facilitar todo o que sexa posible a extensión da rede. Dende o concello entendemos que, na actualidade, dispoñer de conexión a internet de banda ancha é un servizo básico para toda a poboación”.  

Para máis información: 

Ligazón ao mapa para consultar as zonas incluídas na convocatoria de 2022.

Ligazón á relación de proxectos aprobados UINICO-Banda Ancha 2022. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario