12 de xan. de 2023

PONTEVEDRA

Luis López propón asinar un convenio entre Xunta, Deputación e Goberno central para paliar os danos ocasionados polos temporais  

“Co compromiso das tres administracións, aportando os mesmos recursos, sería posible atender as demandas destes concellos. A Xunta está de acordo en asinalo, e eles?" 

Lamenta que Carmela Silva desperdiciase a ocasión para anunciar xa axudas da Deputación de Pontevedra


 Luis López Diéguez,  presidente do PP de Pontevedra


Infogauda / Pontevedra

 O presidente do PP de Pontevedra, Luis López Diéguez, propón aos socialistas e aos alcaldes e voceiros dos concellos afectados polos temporais que medien coa Deputación de Pontevedra e co Goberno central para asinar un convenio entre as tres administracións, coa mesma aportación, para dar resposta conxunta a unha situación extraordinaria.  

 López entende que, tras as declaracións de Carmela Silva, "non debería ser difícil o compromiso do Goberno provincial, pero o certo é que a experiencia fainos ser un pouco escépticos porque esa institución foi incapaz de comprometerse e ofrecer apoios nin coa pandemia sanitaria, nin coa crise económica actual". Ademais, lamenta que desperdiciase hoxe a ocasión para anunciar xa axudas da Deputación de Pontevedra. “É a institución que debe de prestar apoio aos pequenos e medianos concellos desta provincia, e non anunciou un só euro”.  

 Con todo, o presidente popular sinala que o Goberno galego estaría disposto a asinar ese convenio entre Xunta, Deputación e Goberno central. "Co compromiso das tres administracións, aportando os mesmos recursos, sería posible atender as demandas destes concellos. A Xunta está de acordo en asinalo. Están eles?"  

 Por último, pregúntase si estes alcaldes e alcaldesas van directamente a petar á porta do Goberno galego porque, ao final, saben e recoñecen que a ti administración que está cumprindo cos concellos e coa provincia é a Xunta de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario