27 de xan. de 2023

OIA

Os concelleiros do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Oia, solicitan un pleno extraordinario

Gerardo Rodríguez Refojos (portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE): “A actitude do PP local é intolerable e amosa a súa total despreocupación polos intereses do municipio


Gerardo Rodríguez Refojos, portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Oia

Infogauda / Oia 

 O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Oia, “ante a negativa do PP a debatir as mocións que levaban ao pleno ordinario sobre o saneamento nos núcleos de As Mariñas, Burgueira, Loureza, entre outros, e sobre a solicitude á Xunta de Galicia da declaración de Emerxencia de interese galego e do Goberno do Estado da declaración de zona afectada gravemente por unha Emerxencia de Protección Civil polos temporais do pasado Nadal”, decidiron  “solicitar a convocatoria dn pleno extraordinario no que se traten estas mocións, de tanta importancia para o municipio de Oia”. 

 Os concelleiros do Grupo Municipal de PSdeG-PSOE no Concello de Oia consideran, “cando menos inoportunas, as insistentes negativas realizadas dende o PP de Oia para tratar certas mocións que afectan a todos os veciños e veciñas de Oia”. 

 En palabras de Gerardo Rodríguez Refojos, portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, “a actitude do PP local é intolerable e amosa a súa total despreocupación polos intereses do municipio, recordándolle á alcaldesa que ten que gobernar por e para todos e todas”. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario