5 de xan. de 2023

DEPORTES

ATLETISMO

ÁLEX SIERPES PEREIRA, NOVO RÉCORD GALEGO CADETE DOS 3.000 METROS, DE PISTA CUBERTA 

 Coa mellor marca autonómica de todos os tempos: 8´40"26


Álex Sierpes Pereira

Sociedade Atlética do Trega / A Guarda

 O atleta guardés, Álex Sierpes Pereira, da Sociedade Atlética do Trega, de Tomiño, vén de rebentar o récord galego cadete dos 3.000 metros de pista cuberta, cun formidable rexistro de 8´40"26, logrado nas pistas de Expourense.

  Onde apenas hai uns días correu 1.000 metros lisos Indoor e fixo 2´38", quedándose a 1 segundo, do récord galego na mesma pista; onte 4 de xaneiro, catro días despois de arrincar a tempada 2023, o noso atleta fixo marca mínima para participar no Campionato de España de Pista Cuberta, que se celebrará no mesmo lugar, a finais de marzo.  

 Na xornada de onte xustamente, celebrouse nas pistas de Expourense, o IV Trofeo La Región, de Ourense, no cal, o noso atleta participou na final A absoluta, dos 3.000 metros, conseguindo unha sensacional marca, triturando o anterior récord galego - que ostentaba o mesmo gañador da serie de onte, o internacional El Mehdi El Nabaoui -, onde Álex, fixo mínima, acompañado da mellor marca autonómica de todos os tempos, con 8´40"26 pegando unha dentada de 13", quedando a tan só un segundo do récord de España. 

 Moitas Felicidades Álex! A seguir cultivando e sumando máis éxitos para o atletismo do Baixo Miño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario