30 de xan. de 2023

A GUARDA

A proba de obstáculos “A Guarda Family Kids”  

• Terá lugar o sábado día 4 de febreiro na Alameda da vila  




Infogauda / A Guarda

 A Alameda de A Guarda vai acoller o vindeiro sábado día 4 de febreiro de 2023 a proba de obstáculos A Guarda Family Kids, un evento adaptado a idades de rapazas e rapaces de entre 3 e 12 anos, que deberán de ir acompañados dunha persoa adulta que tamén deberá de ir superando os distintos retos ao longo do desenrolo da proba. 

 A proba terá un custo de 3,10 euros por inscrición e ainda están abertas a través da web  da organización do evento establecéndose un límite de 200 nenos acompañados dun adulto. 

 Haberá medalla  para todos os participantes que rematen a proba. 

 O evento está organizado por noko360 e o Concello de A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario