3 de dec. de 2022

A GUARDA

RECUPERAR A TALASONIMIA DE NOSO

 Novo reto no que está traballando a Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro

 

Joaquín Cadilla Castro, nun momento do seu faladoiro na Aula Ponte de Rosas, de Gondomar
Foto: Santiago Baz Lomba
                                                                                    Foto: Santiago Baz Lomba


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Cando o ser humano comezou a manter conversacións cos seus semellantes, fai diso  - segundo afirman os investigadores - entre 1,8 e 2,5 millóns de anos atrás, foi un feito que como nos referen os antropólogos, arqueólogos e paleóntologos, coincidiu co tallado das primeiras ferramentas líticas, e decir, creadas utilizando como materia prima á pedra, principalmente seixos de cuarcita, entre outros materiais. Estamos referíndonos ao Paleolítico - do grego παλαιός, palaiós: 'antigo', e λίθος, lithos: 'pedra' - e decir pedra antiga. 

 É probable que cando os humanos acadaron o avance da expresión oral decatáronse que era necesario nomear os lugares vencellados a súa actividade cotiá: cazar, pescar, recolectar, vivir,... E facelo, tanto terra adentro como á beira dos ríos e do mar. Dese xeito comezaría a formarse o que hoxe coñecemos como toponimia, que de acordo coa segunda acepción recollida no Dicionario da Real Academia Galega significa: conxunto dos nomes de lugar dun país, rexión etc..

 Poñerlle nomes aos lugares non era abondo. Facíase necesario que ás comunidades tamén fosen copartícipes desa cultura toponímica. Que as fixasen, a recoñecesen, a localizasen no medio natural e a transmitisen de xeración en xeración. Iso produciuse - probablemente - nun contexto de socialización entre seres semellantes que compartisen tarefas habituais, preferentemente a nivel comunitario e interxeneracional. De tal xeito, que a toponimia foi calando nas persoas, independentemente das súas idades e ocupacións. Ese feito permitiu que moitos topónimos pervivisen de xeito consuetudinario co paso do tempo e chegasen ata nosos días. Ainda que todo hai que decilo, aqueles nomes de lugares que non están documentados, non sempre se manteñen na memoria das persoas. E tamén hai que indicar, que con cada persoa maior que falece, vaise non soio un insubstituíble transmisor, senón unha importante bagaxe informativa de coñecementos de todo tipo, e por suposto toponímica.

 Para evitar, na medida do posible, que iso continúe acontecendo, a Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro, propúxose o reto de recuperar e divulgar topónimos. Afán que acreditan con xustificada ansia, toda vez que xa teñen recollidos e localizados máis de 600, segundo afirmou Joaquín Cadilla Castro ("Balueiro"), presidente desa entidade, nun recente faladoiro - Talasonimia do mar da Guarda e outros bens inmateriais da tradición mariñeira da Guarda -, incluído no ciclo Co Mar de fondo, organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns (IEM). Son nomes de lugares (de laños, penedos, portos, tendais,...) que a día de hoxe ainda se conservan na memoria de algunhas persoas, e que corresponden ao tramo comprendido entre a foz do río Miño e a costa atlántica, ata Baiona. E non soio ese inxente número de topónimos, senón tamén os nomes dos "mares", onde os tataravós dos veteranos mariñeiros de hoxe en día, faenaban a bordo gamelas e de volanteiros, como o que en boa hora recuperou a activa Asociación Piueiro, logo de máis de un século de haber desaparecido do porto guardés.   

 Pola nosa banda, suxerimos respectuosamente que a relación de topónimos tamén inclúa os topónimos (maiormente fitónimos e hidrónimos, e tamén a talasonimia), correspondentes as ribeiras guardesas (Salcidos e Camposancos) do río Miño, xa que de non facelo, o labor ficaría inconcluso. E certamente sería unha mágoa porque nese tramo fluvial transfronteirizo hai unha riqueza etnográfica, patrimonial e toponímica, e ademáis moi evocadora, que tamén forma parte da nosa cultura inmaterial.

 Desde Piueiro tamén queren poñer en valor, que grazas as vellas libretas que algúns veteranos pescadores guardeses conservan nos seus fogares, poderemos saber tamén a ubicación de determinados lugares, que ainda estando permanentemente somerxidos baixo as augas do mar, eran propicios, polas características dos seus fondos (por exemplo: limpo - é decir, areoso ou sen perigo para os aparellos), previamente estudados mediante prospección e saberes acumulativos (de avós a pais, e de pais a fillos, etc.), para lograr capturar especies piscícolas (congros, fanecas, lenguados, pescadas, rodaballos, sardiñas, xurelos, etc.) e mesmo crustáceos (centolas, lagostas, santiaguiños,...) e moluscos (apupos, polbos,...) de importante valor comercial. 

 Para situar - actualmente diríamos xeoposicionar ou ubicar mediante coordenadas - os fondos fronte a costa traballada, os mariñeiros de A Guarda, usaban marcas cos montes portugueses: Corniños da Silveira, Aro de Santantón, As Cestiñas, Torrocelo, A Cova da Loba, Ghalloso, Sobreiro, Cousso, O Gaiado, Arca Fechada, Mama Sabrosa,...).

 Nese importante labor de recolleita andan algúns membros de Piueiro, entre eles José Benito Rodríguez González (Tito Chirro), que con toda certeza dentro de pouco tempo han de amosarnos en feitío editorial e literario, o froito dese atraente proxecto que vai ver a luz en data ainda non determinada, e será unha achega cultural de impagable mérito. 

 Poñer a salvo ese legado multisecular é unha tarefa na que como decimos, están embarcados os activos compoñentes da Asociación Piueiro. Unha entidade - "(...) a asociación máis potente que se montou en Galicia nos últimos non sei cantos anos (...)", Xosé Lois Vilar Pedreira dixit - que na súa breve  - polo de agora - andaina, logrou recuperar un substantivo - piueiro (pedra ou poutada que situada nas cabeceiras das redes servía para afirmalas no fondo do mar ou do río)  - que ainda non está, de momento, recollido no Dicionario da Real Academia Galega. Unha asociación que a continuación logrou, como todos sabemos, recuperar o volanteiro guardés e navegar de xeito sostíbel pola nosa costa - levando á bordo a moitas persoas que doutro xeito non gozarían da experiencia de navegar á vela -, desprazarse ata Póvoa de Varzim, remontar o río Ulla ata Padrón, e mesmo facer unha viaxe ata Pasaia (Gipuzkoa) e retornar airosamente ao berce portuario de A Guarda. E en breve, como decimos, anotarase o logro de recuperar máis de seis centenares de nomes, que forman parte da talasonimia - que é a parte da toponimia que se refire aos nomes con que se designan os mares ou océanos, así como os accidentes costeiros - da nosa costa nomeada. 

 Un inxente traballo que xunto con Talasonimia da costa sur de Galicia, da autoría de Xosé Lois Vilar Pedreira, e publicado polo IEM en outubro de 2008, e Microtoponimia de A Guarda, de José Luis Lomba Alonso, publicada en 2008, polo Concello de A Guarda; e os traballos doutros autores, como Crónica biográfica de Camposancos y su entorno, de Antonio García Lago, publicado en 1998 pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos; e A terra das nosas raíces. Topónimos e motes de O Rosal e A Guarda, de Praxíteles González Martínez, publicado no Rosal, no ano 2000;  entre outras achegas, entre elas a da Confraría de pescadores Santa Tecla, de A Guard,a que en 2003 editou un catálogo sobre a súa demarcación litoral cuns 170 topónimos sobreimpresionados en fotografías aéreas, recollidos na súa maior parte grazas a información de percebeiras asociadas a confraría. 

 Asemade, Roberto Rodríguez Álvarez, de Pedornes (Oia), licenciado en Historia, membro do IEM (Instituto de Estudos Miñoráns), que traballou no Proxecto de Toponimia de Galicia recollendo e sistematizando uns 9.900 topónimos do concello de Oia, contactou con persoas informantes e percorreu toda a costa do concello de Oia, a que vai desde A Negra ó sur do Cabo Silleiro ata a extrema con Portecelo (O Rosal). 

 Todas esas aportacións xa constitúen un marabilloso legado para as xeracións presentes e futuras.


Vista parcial do porto de A Guarda
Foto: Infogauda

 Polo que respecta aos membros de Piueiro vánnos amosar topónimos vencellados ao mar, desde Punta dos Picos (Camposancos) ata Cabo Silleiro (Baiona),  que han de sorprendernos gratamente. Algúns, porque xacen ocultos baixo a area que desde a construcción do contradique de Punta Xenete, vaise colmatando na Ribeiriña e na Ribeira; outros que quedaron soterrados baixo os paseos marítimos; e moitos deles sorprenderannos pola súa morfoloxía. Ainda así, no que respecta a contorna do porto pesqueiro guardés van procurar - dalgún xeito ainda por concretar -, que cando camiñemos por ese lugar tan frecuentado, todos saibamos onde estaba ubicada cada unha das 42 pedras nomeadas - tan soio dentro do noso porto pesqueiro - e tamén areales, laños, regos,... 

 A Barquilla, A Devanadoura, A Robaleira, O Cangrexal, A Herbiña do Marraxo, A Bitadorna, O Reghiño, As Casetas,..., e tantos outros, entre eles A Camboa - situada por detrás do Ordóñez -, A Ponte,..., son nomes - moitos deles precedidos polo artigo A ou na súa forma plural As, que nos indican que son de xénero feminino - que van quedar inmortalizados no traballo - un verdadeiro legado de patrimonio cultural inmaterial - da Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro que ben poderá ser un alicerce para posteriores traballos de investigación filolóxica, na procura das orixes etimolóxicas máis antigas de cada topónimo.

 Na confianza que nos inspira a asociación promotora desa oportuna recollida da nosa talasonimia, agardamos por esa publicación que Piueiro vainos brindar, con toda probabilidade, no decurso do vindeiro 2023. Será un magnifíco xeito de consolidar, compartir, preservar e poñer a disposición do público, unha riqueza de noso que provén de tempos inmemoriais.

A GUARDA

ACTUACIÓNS NO CLUB DE MAIORES E PENSIONISTAS DE A  GUARDA

 Sábado día 10 de decembro, ás 16:00 h., no local social




TOMIÑO

Tomiño, distinguido con catro flores de honra no certame ‘Vilas en flor’ 

É, xunto a Chantada e Allariz, un dos únicos concellos en obter o maior distintivo 

 As intervencións nas rotondas ao abeiro do Cultivando Paisaxes e a aposta por novos espazos verdes foron as claves 


Tomiño é, xunto a Chantada e Allariz, un dos tres únicos municipios en obter o maior distintivo
Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 Día histórico para Tomiño. O xurado do ‘Vilas en Flor’ outorgou ao concello tomiñés catro flores de honra, a máxima distinción deste certame que busca poñer en valor o deseño, xestión e mantemento dos espazos verdes urbanos. Tomiño é, xunto a Chantada e Allariz, un dos tres únicos municipios en obter o maior distintivo. 

 O xurado, que visitou a localidade para avaliar distintos aspectos, destacou especialmente as intervencións artísticas realizadas nas rotondas a través do proxecto Cultivando Paisaxes, unha iniciativa posta en marcha grazas á colaboración da paisaxista Sinda Linda e dos viveiros da comarca coa Fundación Xabier Pousa que permitiu converter as cinco rotondas da Avenida do Baixo Miño nun escaparate da actividade do viveirismo, principal motor económico da vila. Durante a resolución, o xurado quixo tamén resaltar “a mellora constante do Concello e o esforzo feito para sacar adiante todas estas iniciativas innovadoras”. 

 “Para nós é un orgullo ver que da froitos todo o traballo feito ata o de agora para recuperar espazos e dar vida ás rúas do noso municipio. Fainos moitísima ilusión conseguir este recoñecemento, que é un eixo máis na visibilización do labor que desenvolve un dos sectores máis importantes para a nosa comarca, como é o viveirista”, sinalou a alcaldesa, Sandra González. 

 Este é o cuarto ano que Tomiño participa no certame ‘Vilas en Flor’, organizado pola Fundación Juana de Vega, a Asociación de Viveiristas do Noroeste (Asvinor) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar) co obxectivo de recoñecer a riqueza natural e paisaxística dos concellos participantes e a mellora estética e funcional do territorio poñendo en valor aquelas actuacións medioambientais enriquecidas con obras de paisaxismo, axardinamento, ornamentación floral, mobiliario urbano e espazos lúdicos. 

 As Flores de Honra, que abranguen cinco niveis, concédense aos municipios participantes segundo criterio dun xurado especializado formado por expertos de recoñecido prestixio no ámbito do paisaxismo. O programa recoñece tanto a traxectoria como as accións levadas a cabo polos concellos galegos para mellorar e resaltar os espazos verdes urbanos, a súa xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado da contorna.

CULTURA

O conselleiro de Cultura participa na inauguración da exposición ‘Acción Laxeiro’ que organiza a Real Academia Galega de Belas Artes ata o 13 de xaneiro 

 Román Rodríguez loa o papel do Ano Laxeiro por levar o nome de Lalín a prestixiosas institucións culturais de Madrid e París  

• O titular de Cultura da Xunta de Galicia salienta a ampla programación desenvolvida este ano e a alta carga simbólica e sentimental que supón a mostra na vila natal do autor 


O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou hoxe en Lalín na inauguración da exposición Acción Laxeiro, organizada pola Real Academia de Belas Artes en colaboración coa Xunta e o Concello de Lalín
Foto: X.G.

Infogauda / Lalín

 O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou hoxe en Lalín na inauguración da exposición Acción Laxeiro, organizada pola Real Academia de Belas Artes en colaboración coa Xunta e o Concello de Lalín, representado neste acto polo seu alcalde, José Crespo. Está incluída nos actos de celebración do Día das Artes Galegas. 

 O titular de Cultura da Xunta salientou a importancia de todas as actividades realizadas ao abeiro da programación especial  polo Ano Laxeiro ao conseguir divulgar o “excelente traballo de Laxeiro” e contribuír a “levar o nome de Lalín, como berce dalgúns dos persoeiros máis importantes da historia da cultura galega a prestixiosas institucións como a Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, en Madrid, e o Instituto Cervantes de París”.  Formaron parte da programación simposios, iniciativas divulgativas e exposicións itinerantes como a inaugurada hoxe en Lalín que, expresou Román Rodríguez, ten unha elevada carga simbólica e sentimental ao poder expoñerse na vila natal do autor. 

 Neste sentido, afirmou que Acción Laxeiro é unha mostra diferente ao permitir “velo en directo”, xa que parte da retrospectiva inclúe a elaboración en vivo dunha das súas obras nun acto público en Santiago de Compostela a finais dos anos 90. Compleméntase con outras de gran interese documental como fotografías de Laxeiro en pleno desenvolvemento do seu proceso creativo, así como retratos elaborados polo pintor lalinense doutros persoeiros da cultura do seu tempo, como Uxío Novoneyra ou Jorge Castillo, entre outros.

Renovación e paixón pola cultura popular

 Román Rodríguez agradeceu a Xurxo Lobato, comisario da mostra, o seu traballo por poder plasmar o traballo dun artista que foi “unha combinación constante entre renovación e paixón pola cultura popular galega e un home que nunca se esqueceu de ser galego”. O conselleiro de Cultura animou a visitar a mostra, que poderá verse no Museo Ramón María Aller ata o vindeiro 13 de xaneiro. “Abraiará a todos os veciños de Lalín que atoparán na exposición unha parte importante da súa propia historia”, declarou.

COOPERACIÓN

Diego Calvo coñece as melloras de habitabilidade nos núcleos de vivendas de San Pedro de Macorís, de Republica Dominicana que a Xunta de Galicia apoiou nos últimos anos con máis de 804.600 euros

 O vicepresidente segundo visitou os “bateyes” de La Balsa e La Cubana nos que, xunto co de Olivares, as ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz e AGARESO traballaron nos últimos anos para ofrecer vivendas dignas e avanzar na defensa dos dereitos humanos dos seus máis de 1.300 habitantes

 Lembrou o compromiso da Xunta de Galicia neste ámbito ao incrementar nos orzamentos de 2023 a contía do Plan Anual da Cooperación Galega nun millón de euros respecto ao exercicio anterior ata acadar case os 9M€


Na xornada de hoxe, Diego Calvo visitou as iniciativas levadas a cabo polas ONGD galegas Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) e Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO) en San Pedro de Macorís 

Foto: X.G.

Infogauda / República Dominicana

 O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, comezou hoxe xunto co director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e a subdirectora xeral de Cooperación Exterior, Pilar Romero, a súa viaxe institucional en República Dominicana para coñecer os proxectos de cooperación para o desenvolvemento que a Xunta está a financiar no marco dos distintos Plans Directores da Cooperación Galega.

 Na xornada de hoxe, Diego Calvo visitou as iniciativas levadas a cabo polas ONGD galegas Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) e Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO) en San Pedro de Macorís xunto co seu socio local, o Instituto de Acción Comunitaria (IDACOM), que supuxeron nos últimos anos un investimento de 804.600 euros. En concreto, os bateyes de La Balsa e La Cubana nos que estas ONGD veñen actuando desde 2017 xunto co de Olivares.
 
 No batey de La Balsa mantivo un encontro con promotoras de saúde e dereitos humanos e con representantes do comité de construción visitando ademais dous módulos de vivendas, mentres que no seu percorrido por La Cubana comprobou a diferencia entre as edificacións construídas e as anteriores e reuniuse cun grupo de reporteiros comunitarios. Ademais, na oficina do socio local IDACOM reuniuse con representantes do sistema educativo das escolas dos bateyes e do distrito Escolas de San Pedro.
 
 Nestas tres zonas, nas que residen 1.316 persoas, a colaboración do Goberno galego contribuíu a mellorar as condicións de habitabilidade coa substitución dos barracóns nos que vivían os traballadores das fábricas de azucre por bloques de vivendas e, ao mesmo tempo, reforzar as capacidades dos tres bateyes para a defensa e protección dos dereitos humanos dos seus habitantes.
 
 Nesta liña, as ONGD realizaron actividades informativas e formativas específicas sobre a atención na violencia de xénero e o acompañamento ás vítimas, a igualdade de xénero, o acceso á xustiza ou as consecuencias dos desastres naturais nestas comunidades. Destaca a gravación do documental Garantía de vida, sobre a vulneración dos dereitos sexuais e reprodutivos dominicanos, que se estreou en Galicia e en Santo Domingo o ano pasado e que está a percorrer festivais audiovisuais internacionais.

 O vicepresidente segundo puxo en valor o compromiso da Xunta co sector galego de cooperación ao desenvolvemento como se demostra co incremento en máis dun millón -un 14% máis- no orzamento do Plan Anual da Cooperación Galega de 2023 ata acadar os 9 millóns de euros. Ademais, o Goberno galego está a traballar tamén no deseño do V Plan Director da Cooperación Galega que definirá as actuacións e fondos neste eido ata 2026.

OPINIÓN

¡La revolución iraní continúa! ¡Solidaridad internacional con la movilización contra el régimen dictatorial! 




Unidad Internacional de Trabajadoras y Trabajadores – Cuarta Internacional (UIT-CI) 

 El alzamiento, que comenzó luego del asesinato de la joven kurda Mahsa Amini es masivo, liderado por las mujeres y tiene ahora demandas que apuntan directamente contra diversas instituciones del régimen dictatorial del ayatollah Jaimini y los mullah tales como la policía de la moral, el Ministerio de Cultura y Orientación Islámica y la Guardia Islámica Revolucionaria (Basij). 

 Las demandas de las masas van más allá aún y alcanzaron el punto en que ya se plantean el derrocamiento de una dictadura que lleva 43 años. Cada vez más amplios sectores de la sociedad iraní han comenzado a participar de las movilizaciones, en respuesta a la represión del régimen de la República Islámica, que se ha propuesto aplastar la movilización violentamente, con el ejército, la Guardia Revolucionaria y fuerzas paramilitares civiles. 

 Los reclamos se multiplican. Están las demandas de las mujeres iraníes en contra de la opresión de la sharia, la violencia patriarcal y la explotación capitalista: las demandas democráticas y económicas de la clase obrera iraní; las demandas democráticas, económicas y sociales de las minorías étnicas y religiosas del país, como los kurdos, los baluchis y los azeríes, oprimidos y superexplotados por el régimen a través de los años; la demanda de libertad de la juventud, que representan el 60 por ciento de la población.  

 En los últimos dos meses, todo esto se transformó en un levantamiento popular revolucionario, que se unifica con consignas como: “el pueblo quiere derribar al régimen” o “¡Muerte al tirano, sea el líder supremo o el sha!” 

La movilización de las mujeres y los pueblos de Irán no se han detenido 

Aunque la represión ya ha causado la muerte de alrededor de 500 personas (algunas dicen que este número se acerca a 1.000) y el arresto de más de 15 mil, los trabajadores de Irán no retroceden en su lucha contra el régimen. El gobierno de la República Islámica, que ha perdido legitimidad a los ojos de las masas, está consciente de que no será capaz de mantener su poder si abandona la violencia. Por esta razón la intensifica. Así, 227 de los 290 diputados del parlamento iraní instaron a la justicia a condenar a muerte a las 14.800 personas arrestadas durante las movilizaciones bajo cargos de “manifestaciones contra la seguridad nacional”, “conflicto con la República Islámica” y “corrupción”. Al mismo tiempo, el gobierno dictatorial está tratando de dividir la unidad lograda en la lucha usando las tensiones étnicas y religiosas presentes en la historia iraní, reprimiendo más intensamente a las movilizaciones en el Kurdistán y en Baluchistán y buscando empujar a las organizaciones de esas regiones a posiciones más radicalizadas. Así, se registraron masacres contra civiles en muchas ciudades del Kurdistán y de Baluchistán. Sin embargo, todas estas maniobras e intentos del régimen de intimidar a las masas no han logrado hacer retroceder la lucha

El ejemplo más cercano fueron las movilizaciones programadas para el 15, 16 y 17 de noviembre. Esta protesta de tres días se realizó para conmemorar el aniversario de la revuelta que comenzó después del aumento de los precios del combustible en Irán en 2019, y en memoria de los casi 4.000 asesinados por el régimen en ese levantamiento. 

Actualmente, la juventud continúa organizando boicots a muchas universidades y escuelas secundarias. Mujeres, kurdos, baluchis y trabajadores iraníes continúan sus protestas en ciudades y pueblos. La clase obrera iraní está organizando huelgas en diversos sectores, como el petróleo, gas natural, metalmecánica, hierro y acero, vidrio, alimentación, educación y transporte. Al mismo tiempo, los comerciantes y trabajadores especializados, que ideológica, económica y políticamente siempre fueron los más cercanos al régimen de la República Islámica, también han cerrado sus negocios y participado de las movilizaciones.

¡Abajo el régimen dictatorial! ¡Por una coordinadora nacional de los comités obreros y de lucha!

Mientras cada sector expresa sus propias demandas, todas se combinan con la consigna de echar a la dictadura. El levantamiento revolucionario contra el régimen dictatorial, que comenzó espontáneamente, también de hecho hace foco en todos los representantes del sistema de explotación capitalista. Así, las masas movilizadas apuntan a todos los representantes del orden burgués, tales como el ala reformista o shaísta, los sectores pro monárquicos y proyanquis de Irán. La consciencia de romper con el régimen dictatorial y el sistema de explotación capitalista, que la clase obrera de Irán alcanzó en sus movilizaciones, está concentrado en el eslogan “¡Muerte al tirano, sea éste el líder supremo o el shah!”

Como Unidad Internacional de Trabajadoras y Trabajadores – Cuarta Internacional (UIT-CI) saludamos el levantamiento revolucionario popular contra el régimen dictatorial, capitalista y contrarrevolucionario de la República Islámica y les brindamos nuestra plena solidaridad internacionalista.

Creemos que uno de los elementos más fundamentales que da el carácter revolucionario al levantamiento de los trabajadores en Irán es que las masas movilizadas han comenzado a construir organizaciones propias, consejos de trabajadores y locales en la acción. La experiencia de los shoras (comités o consejos obreros) durante el proceso de 1979; y los consejos durante las huelgas obreras que marcaron los años 2017-2020, está presente nuevamente al crear sus organismos de lucha y de poder dual contra el régimen dictatorial usando estos ejemplos.

Pensamos que el desarrollo y extensión de estas organizaciones es de vital importancia para asegurar la continuidad de la lucha de las mujeres, la juventud, la clase trabajadora, los kurdos, los baluchis, los azeríes, los árabes y todos los sectores oprimidos. El proceso revolucionario en curso también necesita el desarrollo y expansión de estos instrumentos de autoorganización para la autodefensa de la clase obrera movilizada, frente a la inmensa presión y violencia aplicada por la dictadura de los mullah. Hay que unir a estas organizaciones alrededor de una coordinación nacional, para desde ahí organizar la huelga general, elemento decisivo para derrocar al régimen de la República Islámica.

En la Unidad Internacional de Trabajadoras y Trabajadores – Cuarta Internacional (UIT-CI), precisamente por estos motivos, creemos que hay que dotar a esta coordinación de un programa de acción destinado a que las masas terminen con la dictadura y el orden de explotación capitalista. Y en ese camino luchar por construir una dirección socialista revolucionaria para lograr una salida obrera y popular a la situación.

Es necesario luchar por una Asamblea Constituyente Libre y Soberana que ponga a la constitución de la República Islámica en el tacho de la historia, y creará una nueva constitución al servicio de las necesidades de las mujeres, la clase obrera y los pueblos de Irán.

Y en ese camino, llevar la lucha a la construcción de un gobierno obrero-popular que lleve a la ruptura definitiva con el régimen, el sistema capitalista de explotación y el imperialismo, y que garantice las conquistas de la clase obrera y todos los oprimidos.

Como UIT-CI, continuaremos apoyando incondicionalmente la lucha de las mujeres, de la clase trabajadora, la juventud, los kurdos, los baluchis, los azeríes, los árabes y todos los sectores oprimidos, para terminar con la dictadura y toda forma de opresión.

Para que triunfe el levantamiento revolucionario desde la UIT-CI llamamos a solidaridad internacional de las organizaciones sindicales, de las mujeres, de la juventud, de los partidos políticos que se reclamen democráticos y de la izquierda mundial. Llamamos a realizar acciones unitarias en cada país frente a las embajadas y consulados y en las calles.

¡Por el fin de la criminalización de la protesta y la ejecución de la pena de muerte! ¡Libertad inmediata a todos las y los presos políticos!

¡Por el fin de la opresión de la sharia, la violencia patriarcal y la explotación capitalista de mujeres y LGBTQI+! 

¡Por la abolición de la ley que obliga al uso del hijab (velo)!

¡Por todos los derechos democráticos de las naciones oprimidas, incluyendo la autodeterminación!

¡Abajo la dictadura del régimen de los Mullah!