2 de dec. de 2022

DEPORTES

FÚTBOL

Primeira Rexional  Grupo 5

O SPORTING GUARDÉS RECIBIRÁ AO C. D. CALDELAS

 O domingo día 4 de decembro, ás 16:00 horas, no Estadio Municipal A Sangriña




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Logo de lograr un valioso punto na xornada precedente, o Sporting Guardés recibirá ao C.D. Caldelas, o vindeiro domingo día 4 de decembro, ás 16:00 horas, no Estadio Municipal A Sangriña. 

 Con idénticos datos numéricos (12 encontros xogados, 2 victorias, 2 empates e 8 partidos sen puntuar), ambos equipos están situados actualmente nos sotos da táboa clasicatoria, ocupando o conxunto visitante o posto 17º e o equipo local, o posto 18º.

 Pouco máis hai que engadir. Se acaso, indicar que o C.D. Caldelas contabiliza 16 goles a favor, fronte aos 15 do Sporting Guardés. E no que respecta aos goles en contra o conxunto visitante ten 25, e o equipo local 23.

 Dese xeito, o encontro prevése que resulte moi igualado, e calquer resultado pode producirse. En calquer caso, o equipo que dirixe Víctor López deberá facer todo o posible por amarrar os tres puntos en xogo para tentar mellorar o seu rendemento.

 No que respecta aos seareiros guardesistas tan soio cabe exhortalos a que acudan ao Estadio Municipal A Sangriña para apoiar ao conxunto de A Guarda e se fose posible gozar coa desexada victoria do equipo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario