2 de dec. de 2022

A GUARDA

SAN XEROME LANZA DÚAS PROPOSTAS FORMATIVAS IRRESISTIBLES  


Aula de formación para o emprego no Centro San Xerome
Foto: C.S. X.

Asociación San Xerome / A Guarda

 Es unha persoa con discapacidade á que lle gustaría ser camareiro/a ou administrador da comunidade experto en manexar redes sociais? Este é o momento para empezar a formarche. O teu novo futuro está a esperarche.  

 San Xerome lanza unha atractiva oferta de formación para o emprego, con dous itinerarios formativos para persoas con discapacidade, que potenciarán os intereses e talentos das persoas participantes, e incrementarán as súas oportunidades de empregabilidade.  

 O primeiro itinerario formativo é en Hostalería e Restauración. O proxecto SAN XEROME REFORZANDO O CAMIÑO NA HOSTALERÍA E RESTAURACIÓN propón capacitar ás persoas participantes en materias como a xestión do bar-cafetería, a loxística en bar: aprovisionamento e almacenaxe de alimentos e bebidas, a preparación e presentación de bebidas, a atención ao cliente e as habilidades sociais como a comunicación e a resolución de conflitos no centro de traballo. 

 Ademais prevé un período de prácticas en bares e cafeterías durante un período de 3 meses.  

 Poderán acceder a este curso as persoas mozas con discapacidade, de entre 16 e 30 anos, residentes na comarca do Baixo Miño. O curso empeza o próximo 12 de decembro e durará ata o mes de xuño 2023.  

 A segunda proposta formativa céntrase nas novas tecnoloxías e redes sociais. O proxecto SAN XEROME DIXITAL ofrece ás persoas participantes poder adquirir coñecementos para a creación e xestión de blogues e redes sociais. Desde uns coñecementos básicos en iniciación á informática e habilidades sociais como a comunicación, intelixencia emocional e traballo en equipo, ata a creación de blogues e redes sociais, a túa propia marca persoal, ou a seguridade e civismo na contorna dixital.  

 As persoas destinatarias deste proxecto son persoas con discapacidade, residentes na comarca do Baixo Miño, sen límite de idade. O curso empeza o próximo 12 de decembro e durará ata o mes de marzo 2023.  

 As persoas interesadas en participar nalgún destes dous cursos poden contactar coa Asociación San Xerome chamando ao 699 648 986.  

 Ambos proxectos están financiados pola Fundación ONCE, o Proxecto San Xerome abrindo camiño entre a hostalería e restauración polo Programa Uno a Un, con Fondos do FSE (POEJ) e o Proxecto San Xerome Dixital a través do programa Por Talento Dixital. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario