O mercado de Nadal do Rosal quenta motores
• O Concello abre o vindeiro luns 7 de novembro o prazo de inscrición para participar neste espazo que se celebrará o 3 e 4 de decembro
Infogauda / O Rosal
O
Nadal quenta motores no Rosal. O Concello abre o vindeiro luns 7 de novembro ás
09.00 horas o prazo de inscrición para participar no mercado de Nadal, “un
espazo de oportunidades para as persoas que realizan traballos relacionados coa
artesanía e o deseño, un lugar que permite visibilizar o traballo e talento
creativo e innovador das persoas creadoras, artistas e artesás”, explica a
alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
O
mercado de Nadal celebrarase os días 3 e 4 de decembro no salón de exposicións
do concello, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas. As persoas interesadas
en ter un posto nel deberán presentar a súa solicitude de participación por
Rexistro de entrada ata o vindeiro 22 de novembro. O mercado está aberto a
asociacións sen ánimo de lucro, vendedores e vendedoras de produtos
gastronómicos (repostería, mel, queixos, marmeladas, turróns...) e persoas
artesás dedicadas a diferentes sectores como roupa, complementos, xoguetería,
deseño gráfico, fotografía, ilustración e deseño doutros produtos en xeral.
Haberá
un máximo de 15 postos que se concederán por estrito orde de entrada da
solicitude no rexistro do concello. Soamente se dará un único posto por
participante, que deberá traer a súa propia instalación e decoración, que
deberá ser o máis atractiva posible e axeitada á temática de nadal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario