A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO
• Se non chove, será o domingo día 13 de novembro
Infogauda / O Rosal
Se a climatoloxía adversa non o impide, o vindeiro domingo día 13 de novembro, ás 10:30 horas, desde á igrexa parroquial de Santa Mariña do Rosal, está prevista á saída da procesión coa imaxe de San Martiño, en dirección a ermida situada no Alto do Couto, onde ás 12:00 h., haberá unha misa solemne con procesión.
A romaría estará amenizada polo grupo de gaitas Albariños, do Rosal.
Con todo, a día de hoxe, a previsión meterolóxica para o domingo é de chuvia. Se así fose, á celebración quedaría aprazada para o domingo día 20 deste mes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario