ROBERTO JOSÉ ÁLVAREZ CARRERO SERÁ PRESENTADO COMO CANDIDATO DO PARTIDO POPULAR Á ALCALDÍA
• O vindeiro venres día 18 de novembro, ás 19:30 horas, no Hotel El Molino, de Camposancos
Infogauda / A Guarda
No día de hoxe, venres día 11 de novembro de 2022, o Partido Popular de A Guarda fixo público que Roberto José Álvarez Carrero repite como candidato a alcaldía de A Guarda nas próximas eleccions municipais previstas para o día 28 de maio de 2023.
A presentación terá lugar no Hotel El Molino, de Camposancos, o vindeiro venres día 18 de novembro ás 19:30 h.
Ao acto - que é público e está invitada toda a cidadania guardesa - asistirá Rosa Quintana, conselleira de Pesca, estando a espera de confirmación da asistencia do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e outros cargos do partido.
O evento rematará compartindo pinchos e viños para confraternizar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario