RECOLLIDA DE ALIMENTOS NO SUPERMERCADO DÍA DE TOMIÑO
ASOCIACIÓN ASISTENCIAL SOS TOMIÑO BAIXO-MIÑO
O venres 7 e o sábado 8 de outubro, a ASOCIACIÓN ASISTENCIAL SOS TOMIÑO BAIXO-MIÑO, realizará unha operación de recollida de alimentos non perecedoiros, no supermercado Dia de Tomiño.
O motivo desta recollida de alimentos é a necesidade de encher os andeis baleiros do noso almacén. Aumentan as persoas con necesidades e necesitan da solidariedade de todos.
Por tanto, unha vez máis, pedimos a colaboración de todas as persoas que poidan colaborar doando o que poidan.
Durante esta operación de recollida de alimentos, contarase coa presenza de voluntarios da asociación que recollerán os alimentos e darán toda a información necesaria.
Tamén necesitamos voluntarios que nos axuden durante estes dous días. Pedimos a todas as persoas que dispoñan de 2 horas, o venres 7 ou o sábado 8 de outubro, que participan como voluntarios. Só necesitan anotarse nos teléfonos: 629 258 069 - 654 147 310 - 654 147 310. A súa axuda é fundamental.
Lembramos ás persoas que queiran doar, que os alimentos máis necesarios son. leite, cacao soluble, aceite, conservas, galletas e botes de legumes.
Moitas grazas pola colaboración.

Ningún comentario:
Publicar un comentario