ATLETISMO
MARA ROMEU e ANTÍA RODRÍGUEZ, DA SOCIEDADE ATLÉTICA DO TREGA, PROCLAMÁRONSE CAMPIOAS DE GALICIA
• No Campionato de Galicia de clubs federados por equipos
Informa: Sociedade Atlética do Trega
Mara Romeu Vicente e Antía Rodríguez Otero, integrantes do club Sociedade Atlética do Trega, de Tomiño, viaxaron esta pasada fin de semana ata A Rúa, en terras de Valdeorras. Nesa localidade participaron no Campionato Xunta de Galicia de Clubs, que acolleu as seguintes probas: Absoluto, Sub-23, Sub-20, Sub-18 equipos mixtos, onde nosas mozas tiveron a primeira intervención oficial nunha proba co noso equipo filial a Escola Atlética Lucense.
A primeira en participar foi a guardesa, Mara Romeu Vicente, na proba Sub-16 feminina, na cal percorreu 3km aproximadamente, entrando en 2ª posición da xeral, cun tempo de 12´38", sumando 2 puntos, axudando así a conseguir a mellor puntación para que o noso filial proclamásese equipo vencedor da proba.
A outra intervención foi a cargo da atleta Antía Rodríguez Otero, de Goián (Tomiño), na proba Sub-18 feminina, logrando facer o 3º posto na súa categoría, percorrendo unha distancia de 4 km aproximadamente, parando o crono en 16´13", sumando 3 puntos no computo global da puntuación, a cal axudou a puntuar para facerse tamén co título autonómico por equipos.
Moitas grazas ao noso filial por darlles a oportunidade ás nosas atletas para intervir no devandito campionato!
Moitas felicidades mozas!




Ningún comentario:
Publicar un comentario