21 de set. de 2022

VIGO

A Xunta de Galicia e a Mancomunidade de Montes de Vigo poñen en marcha o II Obradoiro Forestal con 10 alumnos  

A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, inaugurou hoxe este taller de emprego financiado polo Executivo autonómico con preto de 252.000 euros


A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe ao alumnado que vén de iniciar a súa formación no II Obradoiro Forestal

Foto. X.G.

Infogauda / Vigo

 A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe ao alumnado que vén de iniciar a súa formación no II Obradoiro Forestal organizado pola Mancomunidade de Montes de Vigo co financiamento da Xunta de Galicia. 

 Segundo indicou, na segunda convocatoria deste obradoiro fórmanse 10 desempregados e desempregadas en tarefas de roza, repoboacións e infraestruturas forestais, recolección de froitos e sementes, tratamentos silvícolas e control de pragas e enfermidades. A achega da Xunta é de 251.993,50 euros e as actividades realízanse nos montes de Beade, Bembrive, Comesaña, Coruxo, Matamá, Saiáns e Valadares. 

 Fernández-Tapias incidiu en que este ano o Executivo autonómico destina 5 millóns de euros a once talleres duais de emprego en 9 concellos na área de Vigo. Neste sentido, detallou que a nova convocatoria deste programa mixto de formación e emprego, a dirixida á realización de obradoiros duais tamén para maiores de 30 anos, permitirá no caso da área viguesa que 206 persoas sen emprego melloren a súa cualificación ao tempo que acceden a un traballo. Unha iniciativa da que Fernández-Tapias destacou que incrementa nun 40%, ata os 504.000 euros por taller, o orzamento do pasado ano e o tempo de duración, de 9 a 12 meses. 

 Tras destacar o compromiso do Goberno galego por incrementar as oportunidades e a estabilidade laboral dos galegos e galegas, cunha formación adaptada ás demandas reais do mercado e en colaboración cos concellos, a representante autonómica subliñou que as actuacións propostas contribúen a mellorar os espazos públicos e a ofrecer servizos de interese xeral e social, incrementando o emprego nos concellos. 

 Estes obradoiros ofrecen formación e emprego a 20 persoas, que contarán cun contrato de traballo durante a súa participación na actividade e, ao finalizar a etapa formativa, acreditarán as ensinanzas recibidas cun certificado de profesionalidade. 

 Fernández-Tapias referendou así o compromiso do Executivo galego por incrementar as oportunidades e a estabilidade laboral dos galegos e galegas, cunha formación adaptada ás demandas reais do mercado e en colaboración cos concellos. 

 A este obradoiro organizado pola Mancomunidade de Montes de Vigo súmase o que Gondomar promoverá xunto a Baiona e Nigrán, a iniciativa Coidando Miñor II; o Rehabilita Salceda enSalceda de Caselas; Salvaterra Emprega II en Salvaterra de Miño; o Granxa da Rúa XI que porá en marchaCangas ; o Labora VI impulsado por Moaña; a terceira edición do Redondela Máis que BelaPorremprego Cualifica no Porriño; o Vigo Capacita VIII do Concello de Vigo; o taller Queda en Mos; e o organizado pola Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, o Maiv Dual 2022. 

 Ademais, Fernández-Tapias engadiu que catro dos once obradoiros ofrecen incentivos á contratación en empresas da zona, por un mínimo de 3 meses, o que axudará á inserción laboral de 59 persoas na comarca viguesa tras finalizar a súa etapa formativa. É o caso do Moaña Labora VI, Granxa da Rúa XI, Queda en Mos e o Vigo Capacita VIII.

Ningún comentario:

Publicar un comentario