Os teixugos Luís Fernández e Manuel Ochoa, coa selección española na Copa do Mundo de Slálom
Os dous deportistas chegaron ata as semifinais deste campionato internacional celebrado nos Pirineos franceses
Ochoa colocouse ademais entre a elite mundial do slálom extremo
Infogauda / Tomiño
O Concello de Tomiño dá os seus parabéns aos
teixugos Luís Fernández e Manuel Ochoa pola súa gran actuación na Copa do Mundo
de Slálom celebrada a pasada fin de semana na localidade francesa de Pau. Un
encontro no que os deportistas do Club Deportivo Miño-Teixugos formaban parte
da selección de palistas que representaban a España nunha competición
internacional na que o mellor do slálom mundial competiu e deu fe das súas
habilidades.
Por outra banda o Concello quere felicitar ao teixugo Emilio Rodríguez polo seu ouro no campionato de España de Slálom e agradece especialmente súa dedicación ao club, o seu cariño polos nenos e nenas e por compartir a súa paixón de xeito desinteresado, un bo facer que permite ao club gozar dunha gran canteira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario