Setembro chega ao Rosal cargado de actividades para todos os gustos
O Concello pon en marcha unha programación na que haberá humor, maxia, danza, literatura e monicreques
Infogauda / O Rosal
O
Rosal despide o verán cunha programación cultural pensada para todas as idades
e para todos os gustos. O Concello xa ten listo para o mes de setembro un amplo
programa cultural no que o humor, a maxia, a danza, a literatura e os
monicreques serán os grandes protagonistas. “Este mes gozaremos con cinco
actividades coas que encher de lecer o noso municipio e coas que, de novo,
levar a cultura aos barrios”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
A
axenda cultural comezará este mesmo sábado 3 de setembro co humor
e a retranca de Os
netos do Rosal, unha tarde de comedia
cos rosaleiros Ángel e Iker ás 20.00 horas no auditorio municipal.
A vindeira semana haberá sesión dobre. O sábado 10 de setembro será a quenda de Cayetano Lledó, que se converterá en Sherlock Holmes nun espectáculo teatral con comedia, maxia e moito humor para descubrirnos o caso do diamante Patterson. Será ás 20.00 horas no auditorio municipal.
O
domingo 11
de setembro a programación cultural
leva a danza á Praza
do Maio, de Tabagón coa actuación da
Asociación Ghorghalado e ‘A nosa música. O noso baile’. Será a partir das 11.15
horas.
Por outra banda, o sábado 16 de setembro a Biblioteca municipal acollerá ás 20.00 horas a presentación de ‘Aldea Buxán’, o último libro do escritor Francisco Álvarez, Koki.
A
programación rematará o venres 30 de setembro cunha actividade para público infantil no parque do
Sobreiral: ‘Xela
contra o dragón’, de Títeres Cachirulo, a partir das 18.00 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario