VEN COÑECER O FÚTBOL GAÉLICO
Adestramentos abertos todas as terzas/martes ás 20h no Campo da Canosa (O Rosal)
Gróvias F.G. / O Rosal
Aproxímase unha nova tempada e desde Gróvias F.G. estamos buscando novas incorporacións para a nosa equipa. Se queres desfrutar practicando deporte e formar parte dun proxecto social e igualitario animámoste a coñecer e probar o fútbol gaélico.
Adestramentos abertos todas as terzas/martes ás 20h no Campo da Canosa (O Rosal). Disciplina mixta para mulleres e homes maiores de 16 anos.
Deporte orixinal da Irlanda, o fútbol gaélico incorpora elementos de moitas disciplinas, como o fútbol, o rugby ou o balonmán. Pódese xogar cos pés ou coas mans, e contamos con dúas porterías onde anotar, unha de fútbol clásica (onde os tantos valen 3 puntos) e uns paus de rugby (onde os tantos valen 1 punto). Na Galiza xógase en equipas de 9 integrantes, e as dimensións do campo son as de un de fútbol.
Agardámoste!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario