Carman, de Javier Ariza, un circo de rúa e urbano para toda a familia cun showman e un Seat 600
Este xoves 4 de agosto, ás 20:30 horas, o auditorio de San Bieito será o escenario do espectáculo de circo e Clown "CARMAN. Antes é mellor"
Infogauda / A Guarda
O xoves 4 de agosto, ás 20:30 horas, o auditorio de San Bieito será o escenario do espectáculo de circo e clown "CARMAN. Antes é mellor".
Antes é mellor é unha comedia de rúa para un showman e un Seat 600, un divertido espectáculo para todos os públicos no que un coche icónico na mobilidade cobra vida e terminará por conducir sen conductor nunha rutina musical e circense que pode levarlles a Eurovisión.
En residencia no Circ Cric este espectáculo estreouse en Umore Azoka, tendo pasado ademáis por outros festivais e eventos importantes como Fetén, Fira del Circ, de La Bisbal; Fitec, de Getafe; Enclave de Calle,...
Adaptable a moitos espazos escénicos pode ser representado en prazas, parques, parquins, cruces, carpas, etc, está considerado un espectáculo de circo, clown e a manipulación de obxectos, convertindo a este coche en case unha marioneta.

Ningún comentario:
Publicar un comentario