2 de ago. de 2022

A GUARDA

López apunta en A Guarda que “o compromiso social e o traballo permanente” son a marca distintiva dos populares de cara as municipais 

O presidente do PP remarcou en A Guarda que a formación ten que conservar a súa vocación de “escoitar, patear e solucionar”, ante un “PSOE e un BNG só preocupados dos seus postos” 

“Ofrecemos a mellor xestión, o máis férreo compromiso e a nosa palabra de que a responsabilidade que temos con todos os veciños está máis vixente ca nunca” 


O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Luis López, vén de reunirse en A Guarda cos alcaldes, voceiros e afiliados dos concellos do Baixo Miño

Infogauda / A Guarda

 O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Luis López Diéguez, vén de reunirse en A Guarda cos alcaldes, voceiros e afiliados dos concellos do Baixo Miño, no proceso de preparación das bases do partido o longo da provincia de cara ás municipais do ano 23. O popular, que marcou como meta o reforzo das estruturas locais, destacou a condición municipalista do PP: “Debemos facer un esforzo por seguir centrados nos nosos veciños e seguir ofrecendo o mellor proxecto en todos os concellos”. A secretaria xeral, Luisa Piñeiro, tamén estivo presente, ademais de a práctica totalidade de deputados provinciais do PP, xunto co coordinador do Baixo Miño e portavoz en A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, e os portavoces de Tomiño, Lara Meneses; O Rosal, Carlos Rodríguez; e os representantes de Tui e Oia, a máis de concelleiros da formación na comarca.  

 López subliñou que a formación que preside ten unha clara “vocación local”: “Somos o partido da xente”. Por iso, o popular incidiu na marca distintiva do PP pontevedrés: “Ofrecemos a mellor xestión, o máis férreo compromiso e a nosa palabra de que a responsabilidade que temos con todos os veciños está máis vixente ca nunca”.  

 Nesta liña, López remarcou que a formación ten que conservar a súa vocación de “escoitar, patear e solucionar”, ante un “PSOE e un BNG só preocupado nos seus postos”. “Somos  - engadiu - unha formación cunha identidade municipalista, que ten como marca distintiva o compromiso social e o traballo permanente co obxectivo de arranxar os problemas da nosa provincia”.  

 “Traballo, traballo e máis traballo”, recalcou o popular. “Debemos ter disposición plena, que dará como resultado un partido sen fisuras e centrado no que a cidadanía demanda”. “O noso reto é seguir mantendo a unidade dun partido forte, que garante estabilidade onde goberna e no que confiar para xestionar os momentos complicados e nas peores situacións. Un partido serio, estable, moderado e responsable”, rematou López.

Ningún comentario:

Publicar un comentario