9 de ago. de 2022

A GUARDA

O Festival de maxia Galicia Ilusiona chegará á Guarda co show Maxia na vila, do mago Roberto Lolo  

Desfruta do mellor festival de maxia e ilusionismo o xoves día 11 de agosto ás 20:30h., no auditorio San Bieito




Infogauda / A Guarda

 Galicia está sendo neste 2022, o centro mundial da maxia coa presenza dun dos maiores festivais de ilusionismo de toda Europa: Galicia Ilusiona, una innovadora aposta dentro da programación do Xacobeo para este verán. Maxia dun altísimo nivel da man dos mellores e máis premiados ilusionistas do momento que inundarán de ilusión Galicia nun ano máxico inesquecible. O festival ten previstas 220 actuacións en mais de 100 concellos ao longo de dous meses e medio. Desafíos extremos nas sete grandes cidades, galas e o programa Maxia na vila, son algunhas das patas mais destacadas da súa programación.   

 Dentro da programación Maxia na vila, e da man do Xacobeo (Xunta de Galicia), diferentes magos percorreran as vilas galegas. Roberto Lolo chegará este xoves ata o auditorio de San Bieito, de A Guarda ás 20:30h. Un mago de gran carisma experto en improvisación, un showman capaz de crear momentos máxicos e divertidos a partes iguais. O mesmo adiviña unha carta que crea un máxico coiote coas súas mans. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario