EXCURSIÓN AS ILLAS CÍES
O día 17 de setembro de 2022
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Dentro do programa "En Ruta coa Depo 2022", promovido pola Deputación de Pontevedra, a Asociación Recuperación do Traxe Galego, de A Guarda, organiza unha excursión as Illas Cíes, que terá lugar o vindeiro día 17 de setembro. A hora de saída - desde a parada do autobús (rúa Rosalía de Castro, fronte o Centro Cultural de A Guarda) está pendente de confirmar.
O prezo por persoa é de 13,50 euros.
As persoas interesadas en participar na excursión poden poñerse en contacto con Leo (teléfono: 685 80 88 89) ou con Puri (teléfono: 689 85 57 14).
Ningún comentario:
Publicar un comentario