22 de ago. de 2022

A GUARDA

As dúas vivendas castrexas reconstruídas no monte Santa Trega foilles renovado os seus teitados

Logo de acadar a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural


Visitantes na vivenda reconstruída no poboado calvo, do monte Santa Trege (A Guarda)
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda  

 O alcalde do Concello de A Guarda, e a súa vez, presidente do Padroado Municipal Monte Santa Trega, Antonio Lomba Baz traslada a súa satisfacción por acadar a renovación do teitado das vivendas  reconstruídas correspondentes ao xacemento arqueolóxico máis visitado de Galicia. 


Aspecto que presenta a outra vivenda reconstruída, logo do novo teitado

  

 Na primeira vivenda actuouse no mes de maio logo de acadar a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, da Xunta de Galicia e neste mes de agosto acaba de rematarse a actuación sobre a segunda vivenda.  

 Estas son unhas actuacións  importantes xa que o teitado das dúas vivendas atopábase en moi mal estado debido aos adversos metereolóxicos, polo que requerían unha actuación importante para voltar a telas en perfecto estado.

 O alcalde indica que a imaxe nesa contorna ten mellorado de xeito considerable e o grado de satisfacción dos visitantes e turistas é alto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario