24 de ago. de 2022

A GÁNDARA (SALCIDOS) A GUARDA

A Asociación O Percamino organiza os festexos na honra da Virxe das Mercedes

Do 3 ao 25 de setembro

Cunha programación para todas as idades que inclúe actuacións musicais, cultura, deportes, gastronomía, verbena,...




Ricardo Rodríguez Vicente / A Gándara

 Do 3 ao 25 de setembro de 2022, o barrio de A Gándara, na parroquia de Salcidos, celebrará - cunha ampla programación de actividades para todos os públicos, organizada e coordinada pola Asociación de Veciños O Percamino - os festexos na honra da Virxe das Mercedes. 

PROGRAMA 

Sábado 3 de setembro

 XIII Torneo da Cachiza a partir das 16:00h, na rúa As Pozas.  

Sábado 10 de setembro

 V Baixada de Carrilanas, a partir das 19:00h dende a Praza de Avelino Vicente ata a Rúa O Porto (A Guarda). 

 Data límite de inscricións ata o 3 de setembro.  

Domingo 11 de setembro

 A partir das 19:00h actuación da Charanga Vaya Panda. 

 Ás 20:00h presentación do tomo I do libro "Persoaxes e oficios de Tradición Popular. Vivenzas, usos e costumes do ámbito dos pobos da Asociación O Percamino."  

Sábado 17 de setembro

 A partir das 18:00h XX Carreira Pedestre Popular Julia Vaquero. 

 Inscricións ata o luns día 12 de setembro no teléfono 647 607 456 ou no correo electrónico opercamino@hotmail.com ou no mesmo día de 16:30 a 17:30h na mesa de secretaría da carreira. 

 A participación é gratuita e aberta a todos/as. 

 Ás 21:00h da noite na praza dos Seixiños, X Serán, organizado polo grupo de gaitas A Boalleira. Obsequiaráse aos asistentes con chocolate e biscoito. 

Domingo 18 de setembro

 Ás 20:00h actuación de teatro co grupo Coiro Vello, representando a obra "Coiro Vellas". 

 Ao remate actuará o grupo folk Zurrumalla.  

Venres 23 de setembro

 XXXIV Festa da Zorza. A partir das 18:00h degustación da zorza ata medianoite, e ao remate gran queimada coa animación do grupo de gaitas A Boalleira.  

Sábado 24 de setembro

 A partir das 22:00h verbena coa actuación dun grupo musical e posterior actuación da orquestra La Fórmula nun único pase. 

 Ao remate, festa cos DJ´s Cristian Pereyra e Adrián Mesu.  

Domingo 25 de setembro

 A partir das 9:00h  pasacalles co grupo O Trebón dos Xidos. 

 Ás 17:00h xogos populares na praza dos Seixiños. 

 A partir das 19:00h actuación do grupo de danza "Dansa" do C.D. Baixo Miño e do grupo folk Xistra, de Coruxo.   

Actos relixiosos

 Venres día 16 de setembro, ás 18:30 comezo da novena.

 Sábado día 24 (festividade de Nosa Sra. das Mercedes), ás 18:30 h., rosario e misa.

 Domingo día 25, ás 12:30 h., misa solemne, con sermón, cantada polo Coro Cantábile. Ao remate, procesión, acompañada polo grupo de gaitas A Boalleira.


Ningún comentario:

Publicar un comentario