O CINECLUB POLEIRO PROXECTA “EL AMOR EN SU LUGAR”, DE RODRIGO CORTÉS
O XOVES 2 DE XUÑO, ÁS 21:30 NO AUDITORIO DE GOIÁN
Rita Alonso / Goián
O Cineclub Poleiro despide o ciclo de primavera cunha película baseada en feitos reais. El amor en su lugar é unha coprodución de Reino Unido e España, de 2021. Un drama, romance, musical, dirixido por Rodrigo Cortés.
Sinopse: En xaneiro de 1942, 400.000 xudeos de toda Polonia levan máis dun ano confinados polos nazis nun estreito gueto no medio da cidade. Fora do muro a vida segue. Dentro, os habitantes loitan por sobrevivir. O muro non consegue parar a creación dun grupo de actores que nunha noite invernal interpreta unha comedia musical. Os espectadores conseguen esquecer a súa dificil situación grazas á historia de amor. Entre bambalinas os actores vanse enfrontar a un dilema de vida ou morte, unha posible fuga.
2021: Premios Feroz: Mellor dirección
A crítica califica o filme de película bonita, emotiva, dolorosa e divertida. Destacan un notable deseño de produción, un ritmo endiablado que chega á alma do espectador de xeito emocional, reivindicando a arte frente ao terror.
Javier Ocaña: Diario El País
O Cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario