13 de xuño de 2022

DEPORTES

FÚTBOL

FINAL DE COPA BENXAMÍN (PARTIDO ÚNICO)

ENTRE O SPORTING GUARDÉS E O R.C. CELTA 

O xoves día 16 de xuño, ás 7 da tarde o Estadio Municipal A Sangriña




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Unha das datas que vai ser deportivamente memorable no Estadio Municipal A Sangriña, é a do vindeiro xoves 16 de xuño, na que ás 7:00 da tarde, o Sporting Guardés e o R. C. Celta, de Vigo, disputarán - nun partido único - a Copa Benxamín. 

 De feito, esa data xa é memorable para o deporte local, desde o momento en que o equipo benxamín do Sp. Guardés chega a esa final. Non o pode decir calquer outro equipo a non ser, como neste caso, o R. C. Celta, o rival ao que vanse enfrontar os xogadores guardesistas.

 Será o último partido da tempada 2021/22, e dende a xunta directiva do Sporting Guardés non queren deixar pasar a oportunidade para agradecer a todas/os o apoio aos diferentes equipos do club ao longo deste curso.

 E no que respecta ao encontro Sporting Guardés - R. Celta, estamos seguros que ambos os dous equipos van a ofrccerlles aos respectivos seareiros unha tarde para gozar co fútbol que practican os mozos de cada conxunto.

 Exhortamos aos afeccionados de A Guarda e súa contorna a acudir ao Estadio Municipal A Sangriña para animar ao conxunto local, porque estamos convencidos que desde o Val do Fragoso van vir os seguidores do R.C. Celta. E nós que estamos eiquí non debemos desaproveitar á oportunidade de apoiar a todos os xogadores, e de xeito especial, aos da canteira miñota.

Ningún comentario:

Publicar un comentario