13 de xuño de 2022

A GUARDA

As alfombras florais encherán de cor as rúas guardesas esta fin de semana   

A Guarda recupera unha das celebracións tradicionais da vila, despois da pandemia da covid-19 e convida a veciños e visitantes a gozar da elaboración e vistosidade das alfombras na honra do Santísimo


Vista parcial da alfombra floral feita na praza da Reló, nunha edición precedente da celebración do Santísimo
Fotos: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 Esta fin de semana celbrase a festividade do Corpus, e na vila da Guarda, dende fai semanas moitas persoas traballan con moito esforzo e dedicación no debullado e preparación dos diferentes materiais - maioritariamente vexetais - que se empregarán na madrugada deste domingo para a confección das alfombras florais na honra do Santísimo Sacramento.  

 Deste xeito, choian arreo as veciñas e veciños do pobo que organízanse para levar a cabo esta laboriosa actividade, que con leva a realización duns 2.300 metros cadrados de superficie en tapices florais que lucirán, no seu máximo esplendor, na mañanciña do domingo cando rematen os traballos dos centos de alfombristas das 10 rúas que se engalan para esta ocasión.  


Vista parcial da alfombra floral do primeiro tramo da rúa Concepción Arenal
Vista parcial da alfombra floral do segundo tramo da rúa Concepción Arenal

 

 Existen informacións antigas que deixan constancia da importancia da celebración da Festa do Corpus na nosa localidade xa dende o século XVIII, sendo a celebración do Santísimo Sacramento a principal conmemoración cívico-relixiosa do pobo de A Guarda.  

 A Asociación Cultural Alfombras da Guarda, creada en 2018, é a encargada na actualidade de velar pola promoción e manter a tradición histórica das alfombras florais do Corpus na nosa vila. así como de dar a coñecer, pór en valor e visualizar o traballo e orgullo que supón para os seus veciños, membros e colaboradores e a poboación guardesa en xeral.  

 "Dende o Concello de A Guarda se quere agradecer o labor de todas as persoas que traballan para que esta celebración continúe e para que visitantes e locais podan gozar das mesmas. Un enorme esforzo que se ve recompensado polos espectaculares resultados unha vez están confeccionadas, sendo auténticas obras de arte en flor", indican desde a institución municipal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario