13 de xuño de 2022

A GUARDA

RUTA GUIADA “A GUARDA PORTO DE MAR” 

SÁBADO 18 DE XUÑO, ÁS 11:30 NA CETARIA DE AGRELO 




A.C. Xuliva / A Guarda

 O vindeiro sábado 18 de xuño teremos a oportunidade de coñecer en profundidade a vinculación da Guarda co mundo do mar, nunha ruta que nos levará a coñecer diferentes dimensións desta relación tan estreita. As cetarias, o traballo das redeiras, as embarcacións tradicionais, a talasonimia ou as marcas mariñeiros son algúns dos aspectos sobre os que trataremos na ruta.  

 Esta actividade, organizada pola Asociación Xuliva, está enmarcada nos traballos do proxecto Atlantic Culture Scape - A Guarda, sendo a presentación oficial dunha das dúas rutas que prepararon sobre a cultura mariñeira da Guarda. No desenvolvemento desta actividade contamos coa colaboración de dúas asociacións locais especializadas no mundo do mar, a Asociación Piueiro e a Asociación Redeiras da Atalaia.  

 O punto de encontro será ás 11:30 horas, na Cetaria Agrelo e a duración estimada da ruta de 2:30h. 

 A inscrición é de balde, podendo facerse en xulivaguarda@gmail.com  




 Ademais, como aperitivo, o día anterior, o venres 17 de xuño, terá lugar a proxección da peza audiovisual Atalaia/Piuiero, de Xisela Franco. Será ás 22:30 no Centro Cultural da Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario