4 de xuño de 2022

BAIONA

ARTISTAS DE BAIONA EXPORÁN NA VILA FRANCESA DE PORNIC

Do 12 ao 20 de xuño de 2022, na Maison du Chapître




Ricardo Rodríguez Vicente / Baiona

 Con motivo da conmemoración do XXV aniversario do irmandamento entre a vila galega de Baiona e súa hómologa francesa de Pornic, cinco artistas baioneses (os pintores Caíno Vasconcellos e Carlos Padín; a gravadora e pintora Irene Silva; o escultor Víctor Lorenzo; e a foto-reporteira Nieves Loperena), van expór na Maison du Chapître - sita na 13 Rue de la République Sainte-Marie -, un espazo no corazón do pobo de Sainte-Marie-sur-Mer, dedicado ás exposicións, organizadas ou coordinadas polo Servizo de Cultura do Concello de Pornic.

 A  mostra colectiva - denominada  “Exposition d´ artistes de Baiona” - está organizada pola Association de Jumelage de Pornic, en colaboración co Concello de Baiona e a Municipalidade de Pornic. 

 Cada artista aportará 10 obras da súa autoría, que achegarán aos visitantes da exposición súas "miradas atlánticas e vistas atemporais de Galicia."

Actividades complementarias

 Ademais da devandita exposición, a artista Irene Silva dirixirá a construcción dunha instalación que vaise denominar “Flash-Arte”. Esa actividade contará coa complicidade e a participación activa das persoas que se acheguen á mostran. 

 Mediante un breve aceno deixaremos unha pegada indeleble na memoria a través do paradoxo dun acto fugaz”, sinala Irene Silva.

 Asemade, Nieves Loperena realizará un Carnet de voyage - tarxeta ou caderno de viaxe - respecto da exposición.

 A mostra dos artistas de Baiona, poderase de visitar - con entrada libre - nos seguintes horarios:

Domingos, de 10:00 a 15:00 h.

De luns a venres, de 15.00 a 18:00 h.

E os sábados, de 10:00 a 13:00 h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario