A unidade móbil de doazóns de sangue visitará A Guarda próximamente
• O venres día 8, en horario de 10:15 ás 14:00 horas e de 16:30 a 21:00h; e o sábado día 9 de 10:15 ás 15:00h.
Infogauda / A Guarda
A unidade móbil de doazóns de sangue visitará próximamente A Guarda. Estará emprazada na rúa Rosalía de Castro (diante do Centro Cultural) o venres día 8 de xullo en horario de 10:15 ás 14:00 horas e de 16:30 a 21:00h; e o sábado día 9 de 10:15h ás 15:00h.
Grazas a estas unidades móbiles, o Centro de Transfusión de Galicia, intenta facilitar a todos os cidadáns o solidario xesto de doar sangue. Sen a implicación de todos sería imposible acadar as 500 doazóns de sangue que cada día se precisan nos hospitais galegos.
Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar 2 horas. Non debemos esquecer a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Asemade, debemos informar ao médico da unidade móbil se estamos tomando algún medicamento.
É desexable solicitar cita previa para doar no telefono gratuíto 900 100 828.
Ningún comentario:
Publicar un comentario