VIII Concerto Coral Ecos do Verán
O Auditorio Municipal do Rosal acollerá o domingo 26 de xuño, ás 20:00h unha nova edicición deste encontro de corais
Infogauda / O Rosal
O Auditorio Municipal do Rosal acollerá este domingo
26 de xuño ás 20:00h o VIII Concerto Coral Ecos do Verán, organizado polo Coro “Ecos do Folón”, do Rosal, que amenizará a velada co seguinte repertorio:
1.- UNA LÁGRIMA
Francisco Rey Rivero
2.- EL BAILE
Popular asturiana (Arr.: Eduardo M. Torner)
3.- BLANCO VELERO
Juan Hernando Sanz / Mª Carmen Díaz Lasso (Arr.:
Jorge Fernández)
4.- YO NO SÉ CÓMO QUERERTE
Alsirio Fernández Rodríguez / Jesús Fernández Dobarro (Arr.:
Jorge Fernández)
5.- LAS ESPIGADORAS (“La Rosa del Azafrán”)
Jacinto
Guerrero
A Coral Polifónica “Ecos do Folón” creouse no 2008, inicialmente como unha simple actividade social, pero ó pouco tempo comezou a camiñar soa, e a finais do ano 2012 fundou a súa propia asociación músico-cultural. A súa presentación oficial fíxose na igrexa parroquial do Rosal o día 26 de decembro do 2009. Naceu con tan só 17 compoñentes, pero nunca deixou de medrar, chegando as actuais 30 voces mixtas. Está formado por xente con gran afición polo canto pero sen ningún tipo de coñecemento musical, polo que o seu labor ten un mérito maior.
Inscrito nos círculos culturais da Deputación de
Pontevedra, este coro actúa asiduamente en innumerables lugares por toda a
provincia. Sobresae a súa participación no 30 Festival de Corais e no 1º Festival de Habaneiras, organizados pola Deputación de Pontevedra. Cabe
destacar tamén, o concerto que realizaron con gran calidade en Santovenia de
Pisuerga (Valladolid), en 2019.
“Ecos do Folón” organiza dous concertos anuais na
vila rosaleira: “Ecos do Nadal” a finais de decembro e o encontro coral que
este ano se celebra este domingo, o concerto “Ecos do Verán” .
O seu variado repertorio inclúe temas tradicionais
galegos, habaneiras, rancheiras, valses, boleros, zarzuela, cantoral relixioso,
panxoliñas, etc... (moitos deles arranxados e adaptados polo seu director).
Dende os seus inicios esta agrupación coral ten na
súa batuta o mestre Jorge Fernández González, titulado en linguaxe
musical, acompañamento e piano.
Na presente edición de “Ecos do Verán” tamén estarán presentes a Coral Polifónica “Ponte das Febres” de Ribadelouro (Tui) e o Coro “Ecos do Castelo”, de Parada (Nigrán).
A agrupación tudense comezou a súa andaina alá
polo ano 2002, contando só con 20 compoñentes, cando na actualidade xa suma arredor
duns 35 coralistas.
O repertorio de “Ponte das Febres” abrangue todos os
estilos e épocas, dende música renacentista ata as máis modernas
composicións e adaptacións; dende música tradicional galega ata músicas de
diversas rexións do mundo.
Nas súas numerosas actuacións sobresaen a súa
participación nos Festivais de Panxoliñas celebrados en Vigo e na Catedral de
Tui, ou en diferentes parroquias do veciño Portugal. É preciso nomear tamén a
participación en eventos por Asturias, Cantabria e máis recentemente en León
(na Basílica de San Isidoro). Participaron no 1º e o 2º Festival de Habaneiras da
Deputación de Pontevedra e en numerosas actuacións por toda a provincia de
Pontevedra. Tamén realizou xunto ca Coral San Roque de Vigo e co Grupo Musical
Sendeiro, un concerto benéfico no teatro García Barbón de Vigo en favor dos
afectados pola explosión pirotécnica de Paramos. En setembro do 2019 cantaron
a misa en castelán celebrada na Capelinha das Apariçôes no Santuário da Nossa
Senhora do Rosârio de Fátima (Portugal), e todos os anos participa nos Encontros Corais
da Eurocidade Tui-Valenca.̧a. Neste último Nadal
participou xunto con outras dúas corais e a Banda de Música Popular de Tui no
Concerto de Fin de Ano celebrado no teatro da Área Panorámica de Tui.
Nos seus comezos a directora foi Beatriz Gómez
Fandiño e posteriormente ata o ano 2014 Mónica Viro Porto, data dende a
cal dirixe o actual director, o mestre Rafael Pérez Dopeso.
REPERTORIO:
1.- PERLA ANTILLANA
Francisco Rey Rivero
2.- CAMINO DEL INDIO
Atahualpa Yupanqui
3.- ANGELITOS NEGROS
Antonio Machín (A. José Iglesias)
4.- ADIOS RÍOS
Letra: Rosalía de Castro
5.- BULLERENGUE
CORO “ECOS DO CASTELO” (Parada, Nigrán)
Pola súa banda, a formación “Ecos do Castelo” naceu no ano 2006, en Parada (Nigrán), cando un grupo de amigos afeccionados a cantar decidiron xuntarse. Anos máis tarde, acordaron integrarse no Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca.
Na actualidade conta con 25 voces mixtas da parroquia de
Parada e arredores. Todos os que coñecen este coro e seguen a súa traxectoria
coinciden en subliñar a constancia e ilusión dos primeiros anos, xa que o seu
obxectivo prioritario é a divulgación da cultura tradicional.
As actuacións deste coro lévanse a cabo na
provincia de Pontevedra a través de intercambios culturais.
Esta agrupación está incluída no Plan Cultural da
Deputación de Pontevedra. E conta cun repertorio variado, xa que teñen cabida
obras puramente clásicas, contemporáneas, relixiosas, populares galegas e
venezolanas, dada a procedencia do seu mestre e director, por Don Samuel
Carmona.
REPERTORIO:
1.- A MI MADRE (Zambra arxentina)
José Ignacio Rodríguez
2.- 20 AÑOS (Habanera)
Guillermina Aramburu / María Teresa Vera
3.- POPURRÍ GALEGO
Popular
4.- CANELA (Trova Cubana)
Pablo Canela
5.- CHUVA DE PRATA (Bossanova brasileira)
Ronaldo Bastos Ribeiro
José
Antonio Rincón
O VIII Concerto Coral “Ecos do Verán” conta coa colaboración da Asociación Músico-Cultural Ecos do Folón e está patrocinado polo Concello do Rosal, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Santa Mariña do Rosal e a Excma. Deputación de Pontevedra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario